off
Movementos sociais, Traballo — 17 Decembro, 2013 at 2:44 p.m.

En defensa do internacionalismo obreiro

by

Moitos acontecimentos que ollamos a decote fanme cavilar e novamente reaparecen as orixes do que foi a Europa. Grazas á loita dos obreiros tivemos acceso a uns servizos publicos de calidade e ao mesmo tempo a uns dereitos en canto a liberdades individuais e colectivas. Hoxe o que se nos quere inculcar e todo o contrario. As reformas, as novas leis de proteccion cidadá, a reforma laboral, a desaparicion do FOGASA ou unha lei de prazos contra o aborto son exemplos do que se nos quere facer ver coma nova moral no estado español, ainda que isto e trasladable a outros estados coma Portugal ou Grecia e mesmo Alemaña.

Debemos asumir a miseria como algo intanxible para sair da crise e, polo tanto, os recortes. Fronte a isto temos forzas que predican ser de esquerdas mais non fixeron nada. Mais ben todo o contrario. Non fixeron nada contra a banca, permitindo desafiuzamentos ou mesmo pactando con forzas de dereita medidas que afondan ainda mais na austeridade e polo tanto na destruccion de dereitos básicos. Fronte a isto a unica esperanza que nos queda aos traballadores e a union e a conciencia de clase. En toda Europa os problemas que sofre a clase obreira son semellantes. Polo tanto as solucións deben de ser conxuntas e comúsns fronte a unha maquinaria que funciona para os grandes depredadores: as institucions comunitarias e os estados monicreques unidos a grandes lobbies.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off