off
Politica espanhola — 13 Decembro, 2013 at 10:05 a.m.

Cataluña apela á democracia nun acordo histórico

by

Vol que Catalunya esdevingui un Estat? En cas afirmatiu, vol que aquest Estat sigui independent? / 9 de novembro de 2014

Xa teñen data.  O presidente Artur Mas(CiU)) , Oriol Junqueras (ER),  Joan Herrera(IC) e David Fernández(CUP) cenificaron na tarde de onte o apelo de Cataluña á democracia fronte unha España que só ofrece lei.Velaquí a pregunta e a data: Vol que Catalunya esdevingui un Estat? En cas afirmatiu, vol que aquest Estat sigui independent? / 9 de novembro de 2014 (Quere que Cataluña se torne un Estado? En caso afirmativo,  quer que ese Estado sexa independente?). A diversidade de espectro ideolóxico e o sentido da oportunidade táctica é algo a salientar: pechar unha etapa  e pasar a unha outra, de xeito afirmativo.

Un dos comentarios máis sentidos nos últimos anos en Cataluña foi “no ens falleu, sisplau” (non no falledes, por favor). Un desexo que vale para todo o mundo, e máis, nun intre no que os políticos padecen unha doenza de credibilidade. É o argumento da democracia (ou da dignidade) que debería servir para visibilizar a nula capacidade propositiva do goberno de Mariano Rajoy e Rubalcaba. Madrid non pode debruzar permanentemente na xaculatoria da deslealdade institucional da Generalitat cando o que aquí se xoga é máis democracia. No suposto de que o Tribunal Constitucional anule a consulta e o Senado suspenda a autonomía se o President Mas “desobedece” , mesmo no suposto dunha non aceptación da consulta por parte dos partidarios do non, non desaparecerá esa vontade.

A BBC intitulaba onte “Spain to block Catalonia independence referendum”. O verbo que conxuga o estado español é bloquear. Se España non permite a consulta, o estado e a UE terán un problema. Na Unión Europea só teñen cabida democracias. Rajoy non quere negociar e lanza unha ameaza legalista fronte un proceso que empezou antes e ao que agora se engade a data de consulta con dúas preguntas.

 

Neste intre, traspásase a pelota a España; na hipótese dun 80% imaxinario que votara que sí á primeira pregunta estaríase a propor un Estado que na actual estructura de España non ten cabida – tería que se facer unha fonda mudanza-. O esgotamento deste vieiro – a primeira pregunta- ben podería ser unha oportunidade que se lle presenta ao estado español para solucionar o que non funciona. A presenza de Iniciativa  per Catalunya -Izquierda Unida

Aos cataláns quédalles por diante un ano duro que estará inzadiño de demagoxia e ataques directos á liña de flotación do catalanalismo. Mesmo no caso de que se impida a consulta ficará nídiamente claro que esa vontade ten unha forte lexitimidade social. España non poderá ventilar a cuestión cunha proibición ou con medo. Se o diferencial fora moi amplo entre o si á primeira e á segunda pregunta, poderíase dar o caso de darse unha saída á chamada “terceira via” defendida por Duran i LLeida, que mova ficha o Estado. Unha mudanza  na  estructura actual do Estado. O sorprendente sería que España non se decate que isto non funciona, aproveitando a ocasión para

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off