off
O Curruncho musical de Antón, Poesía — 12 Decembro, 2013 at 10:58 a.m.

Eu quero un Nadal…

by

Cando o que se arela é intemporal: unha panxoliña.

“Onde a xenreira e o ruído

fiquen decote durmidos

e onde os homes se vexan

ceibes do vil e os bandidos”

Eu quero un Nadal…

Onde non haxa inxustizas

e brile a ilusión.

Onde haxa pan e paz,

haberá no mundo amor.

Onde haxa equidade

e agrome unha flor.

Onde a pillaxe non medre,

haberá un Nadal mellor.

Onde o sorriso dun neno

se amose cos seus amigos

e onde a catarse social

escorrente os perigos.

Onde a chama da esperanza

se manteña acesa e viva

e onde reine a confianza:

serán luceiros que guían.

Onde a xenreira e o ruído

fiquen decote durmidos

e onde os homes se vexan

ceibes do vil e os bandidos.

Onde a manipulación

se esnafre e non volte máis,

e onde os da troica e as finanzas:

“Vade retro, Satanás”.

Onde se abeire a concordia

e o rancor se quede mudo;

onde o día axoque á noite,

nacerá así Deus no mundo.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: