off
Politica espanhola — 10 Decembro, 2013 at 7:45 a.m.

Un goberno ao ditado da FAES

by

Non é unha iluminación. O goberno do PP non improvisa. Vai avanzando a lexislatura e vaise vendo o camiño, a pauta preestabelecida pola FAES  e non polo seu programa eleitoral.  Un destes documentos, editado hai agora tres anos, serve de exemplo do que se coce no forno do PP:  “Por un Estado Autonómico racional y viable”.

Neste informe pódense ler cada unha das actuacións do goberno de Mariano Rajoy, un exercizo de regresión permanente  que sob unha pátina de racionalismo ecónomico, cólase un inxustificado centralismo que por arte de maxia sería máis “eficaz” que as chamadas  no informe, “administracións subcentrais”.

Velaquí o cerne da estratexia: a maior parte da crise económica non vén do modelo económico neoliberal, mais dun problema estructural do estado español, do estado das autonomías. Lonxe queda o de “falar catalán na intimidade”. Galego nunca, malia a inesgotabel xenerosidade dos votantes galegos.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off