off
Política, Politica espanhola — 7 Decembro, 2013 at 7:13 a.m.

Retroceso democrático e recorte de dereitos

by
"Vostede terá moito dereito, pero eu teño moita razón".Cousas,Castelao
"Vostede terá moito dereito, pero eu teño moita razón".Cousas,Castelao

A maioría absoluta do Partido Popular vén de estrenar Código Penal. A xeración que acorde da crise económica erguerase nun cuarto diferente. A reforma da lei de seguranza cidadá e o dereito ao aborto  cólanse entre os intersticios dunha situación económica dramática. Pouco importa o rexeitamento frontal da  oposición e dos movimentos sociais cando  a indignación semella un abrollo de saudade anticipada de quen comproba que no pior momento da galerna aprováronse un pacote de leis que regulan dereitos e liberdades, fundamentos do cuarto no que lles tocará vivir. Nese cuarto os muros serán máis altos e terán menos fiestras. A situación de recorte de liberdades civís da lei Fernández Díaz,  a contínua politización do Tribunal constitucional, a ameaza de retirarlle a Galiza competencias de seu  e políticas contra o galego e a identidade de noso, van ocupando espazo, deslocando a interpretación máis acaída dun texto constitucional que comezou sendo, alomenos durante os primeiros anos de vixencia,  garantia dos dereitos das minorías do estado español, foran políticas ou nacionais. A exclusión simbólica vai collendo corpo. Alén da interpretación asisada do texto constitucional de Rubio Llorente ou Roca Junyent as interpretacións de  Alfonso Guerra ou do  expresidente do TC Rodriguez Bereijo – que pedía non hai moito o que hoxe arela Mariano Rajoy, nada menos que devolverlle ao estado sanidade e educación- albíscase un deserto interpretativo que nada deixa para a razón política, entre os que perante as demandas da rúa advogan por ampliar o marco legal español e os que teiman sen vergoña en pechar o TC e o marco estatal actual, mesmo suxerindo recentralizar o estado retirando competencias que hai corenta anos viñan poñer un apósito  onde antes houbo grosas capas de  intolerancia, autoritarismo, guerra e represión.

Noentanto, o 35 aniversario da Constitución española só serve para disimular o retroceso democrático e para vanagloria dun españolismo involutivo mais atento en  controlar a rúa e conservar as esencias dun estado de terceira división do que dar respostas ao presente con máis liberdades e máis e millor democracia.

Ao mellor tamén che interesa:

Rodríguez Bereijo representará aos accionistas minoritarios na batalla por Pescanova

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off