off
Política local — 4 Decembro, 2013 at 3:04 p.m.

Demite Leopoldo Rubido

by

Seica está convocado un pleno extraordinario para mañá xoves ás 9:30h  con un único punto do dia: a renuncia de Leopoldo Rubido á alcaldía e á concellaria.Hai tempo que se escenificaban nos plenos baduadas e descordinacións co seu irmán, o portavoz do goberno local do PP, Concelleiro-Delegado de Desenvolvimiento Local, Hacienda, Turismo, Cultura e Urbanismo, Luís Rubido.

Cando estamos na metade da lexislatura e os efectos da crise e das políticas de austeridade non fan máis que agravarse e cronificarse, sorprende esta caste de “operacións pola porta de atrás” cando  hai ben pouco  en pleno período electoral  chegaba a afirmar – logo de estar gobernando sen interrupción desde 1973 – agás dúas lexislaturas nas que gobernaron dúas coalicións de esquerda-   que quería recuncar por :

” ..vocación de servicio hacia mi pueblo. Sobre todo ahora cuando ves que las cosas no se están haciendo bien, te da un poco de pena porque falta ilusión en el pueblo de Cedeira y quiero crear un gobierno municipal que ilusione y del que se sientan orgullosos los vecinos. Creo que es una obligación y por eso me presento de nuevo”

Leopoldo Rubido sempre gostou de amosar unha imaxe de seu de abnegado sacrificio que as compañas escolleitas (lembrar  cando decidiu erguer un monolito na memoria de Franco acompañado de Gonzalo Fernández de la Mora), os modos autoritarios e as promesas eleitorais incumpridas, a máis dos abondosos fiascos de xestión, foron desmentindo e debullando lexislatura a lexislatura un persoeiro moito máis pragmático e secular do que o seu fervente catolicismo teimaba en mostrar. Foi deputado provincial desde 1983  e senador  entre 1993 e 2000, cunha magra  e ben discreta actuación: só 2 iniciativas de control en sete anos (unha pregunta sobre as escolas obradoiros e outra sobre a  realización de estudos previos ás obras de ampliación das pontes de FEVE en Moeche, ambas e dúas  en decembro  de 1995 ).

Non se saben os motivos da súbita decisión logo de  entrar a renuncia no rexistro municipal o martes – sería de mala de fe pensarmos que se volveu presentar hais dous anos para deixar no cargo ao seu irmán e golfiño, Luis Rubido. Mala fé non é cando o propio Leopoldo Rubido foi quen de espetar que quere «dar paso a una nueva generación» , «hay que dar paso a alguien para asegurar un poco el futuro y el bienestar del concello. Si estamos siempre con tripartitos y cuatripartitos no hay futuro. Este es un nuevo servicio que doy». A política entendida  como beneficiencia e como  dinastía. Após corenta anos os Rubido consolídanse como dinastía popular hereditaria. Por algo será.

2 Comments

  1. Antom Labranha

    Estou contigo na idea dun proxecto alternativo de esquerda.
    Porén, non por iso que falas da “dinastía”, senón porque xuntos podemos construír unha Cedeira progresista, democrática, ecoloxista e galeguista.
    Unha Cedeira culturalmente dinámica, xeradora de oportunidades de emprego.

    Coincido tamén contigo en que a nova situación é politicamente “interesante” e, non obstante, un Proxecto Común non debera depender de algo tan circunstancial, penso eu, debera ser un anceio vital: o cerne do noso compromiso político Por Cedeira.

  2. Gabriel Beceiro

    Unha situación interesante malia a crise que ben poderían aproveitar as forzas de esquerda como oportunidade para o cambio social. Por iso a esquerda nacionalista ten que dar un paso adiante en discusión e construcción dun novo proxecto político que arrastre ous pouco xermolos galeguistas,autocentrados no país, da esquerda estatal. A inercia do PP é tan contraproducente que as consecuencias da brutal implementación dende a Xunta e dende o goberno español do neoliberalismo e da recentralización (reforma local, etc), visible tamén na financiarización daa economía e os recortes sociais, deberían servir para construir entre todos un proxecto alternativo de esquerda que corte de raiz a que podería ser a consolidación dunha dinastía política sen mais capacidade de transformación que a de manterse no poder outros trinta anos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off