off
Movementos sociais, Música — 2 Decembro, 2013 at 8:46 a.m.

A comunidade croata de Francia demanda a Dylan por racismo

by

Bob Dylan vén de ser demandado por unha asociación da comunidade croata en Francia por un suposto caso de racismo. O Consello dos Croatas sentiuse ofendido por unha afirmacións do músico na edición francesa de ‘Rolling Stone’  en 2012, xa que esa comunidade entende que as palabras de Dylan incitan ao odio. Tamén foi demandada a publicación. Velaquí as súas palabras cando lle preguntaron polos paralelismos de América do Norte actual coa  da guerra civil do século  XIX, respondeu:

“Mmm non sei como dicilo. Os Estados Unidos destruíronse a si mesmos, o sistema foi arrebatado pola forza cunha grande cantidade de mortos, unhas 500.000 persoas. Houbo unha grande destrucción para rematar coa escravitude, tratábase diso. Este país estivo demasiado preocupado pola cor.  É unha distracción, unha tolemia. os negros saben que algúns brancos non querían rematar coa escravitude, e se por eles fora, seguirían baixo o seu  xugo. Non podemos chamar a acreditar que non o saben. Se tés un amo de escravos ou un membro do Klan no teu sangue, os negros poden notalo, e así perdura até os nosos días. Igual que os xudeus poden sentir o sangue dun nazi ou os serbiso a dun croata” afirmou o cantautor.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off