off
Galiza, Meio ambiente, Movementos sociais — 1 Decembro, 2013 at 4:57 p.m.

Ferrolterra berra Nunca Máis e segue en pé contra a desfeita

by

Este país se quere non tén límite, malia a indignidade de quen nos goberna, milleiros de persoas volveron saír ás rúas neste 1 de decembro en oito localidades galegas. Ferrolterra sumou a defensa do naval e do emprego da comarca ás reivindicacións de Nunca Máis. Unhas 25.000 persoas percorreron as rúas ferrolás nunha outra mostra de dignidade baixo o lema ”Ferrolterra exixe solucións” . Esta é a forza de intimidación do pobo galego: razóns, cultura, persuasión e cooperación.

Manolo Rivas, quen dera voz a moitas das manifestacións de Nunca máis, foi quen leu máis unha vez o manifesto perante unha praza de Armas  ateigada de manifestantes, entre berros de ‘Nunca Máis’ ou ‘Ilegalizar o Partido Popular’.

O xornalista e escritor denunciou “o teatro do absurdo de que aos mellores constructores de barcos non se lle deixen fabricar barcos. A ver se aos suízos non lles deixan fabricar reloxos!”.

Manifestación  ”Ferrolterra exixe solucións” e Nunca Máis en Ferrol (1/12/13)

[wzslider autoplay=”true” lightbox=”true”]

 

Manifestación de Nunca Máis en Vigo

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off