off
Cinema — 23 Novembro, 2013 at 09:39

O trailer oficial de ‘Nymphomaniac’ xa está na rede

por

A estrea do último filme de Lars von Trier será o día  de Nadal en dúas partes–a segunda chegará en xaneiro– e, segundo os distribuidores, inserirá escenas de sexo explícito poucas veces vistas nun filme comercial dun diretor do prestixio de von Trier. Mais tratándose do diretor dinamarqués, creador xunto con Thomas Vinterberg    Kristian Levring  e Soren Kragh-Jacobsen do vangardista Dogma 95, as expectativas nunca son poucas.  O trailer de Nymphomanic permítenos intuir o que traz a nova odisea do director dinamarqués.

O trailer do filme, que foi retirado brevemente do Youtube por infrinxir as normas sobre o sexo e a nudez .  As secuencias que  provocaron  o apagado en YouTube inserían unha escena de sexo de  Shia LaBeouf e Stacy Martin (que interpreta a versión máis nova do personaxe central de Charlotte Gainsbourg, Joe), así como escenas con Martin e un home máis vello.  Nymphomaniac protagonizada pola musa habitual do cineasta Charlotte Gainsbourg , anunciouse como unha exploración da vida erótica dunha muller desde a infancia ata a madureza. Trucos de corpo e dobres dixitais  foron empregados para retratar estrelas coñecidas como Uma Thurman, Stellan Skarsgård, Christian Slater, Jamie Bell e Shia LaBeouf facendo sexo.

Os cortes do filme, organizados por capítulos,están dispoñibeis na site oficial de Zentropa, a produtora de Trier, a través de Vimeo:

 

 

Quen goste de Tarkosvki poderá recoñecer o preludio coral de Bach para órgano “Ich ruf’ zu dir, Herr Jesu Christ” (BWV 639) , peza usada varias veces no filme Solaris. O split-screen tamén presenta un leopardo sostendo unha presa e un home espido andando contra un pano de fondo moi do estilo de Eadweard Muybridge.

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: