off
Economía, Europa, Galiza — 19 Novembro, 2013 at 7:46 p.m.

Vigo fica fora da rede nodal de portos

by

O porto de Vigo ficará  fora da rede nodal de portos malia ser o primeiro porto pesqueiro da Europa. Mais unha vez o parlamento europeo foi testemuño de quen é quen á hora de defender os intereses estratéxicos da economía galega.  Cómpre saber que ao ser excluído  o porto de Vigo non é prioritario para o  finanzamento 2014-2020. A única voz oposta ao que aconteu na Eurocámara foi a eurodeputada  Ana Miranda – europarlamentaria do BNG até o pasado xullo – quen advertiu hai ben pouco que a votación estaba perdida xa que tanto PSOE como PP sabían que non properaría – decaia procedimentalmente, afirmou Miranda no seu Twitter: “eso sabiano, coma min e non fixeron xestión de fondo cando había que facela, presionando no trílogos, dándolle finalmente prioridade a outros portos malia aparentar que teñen interese”. A esmola seica se chama “autoestrada multimodal”… Fraga, Almunia, Blanco,Ayala, Millán Mon, Presedo,  a ministra Pastor, …u-los? Desleixo e manifesta ineficacia.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off