off

PuntoGAL asina o contrato de creación do .gal

por

  É o primeiro dominio para unha comunidade lingüística e cultural dende 2005. A Asociación puntoGAL comeza agora unha serie de probas técnicas obrigatorias antes da apertura do rexistro de enderezos. Grazas a este contrato, os dominios .gal poderán comezar a rexistrarse  a comezos de 2014.

Proximamente puntoGAL detallará cada unha das fases nas que estará dividido este proceso. Poucos meses despois poderase navegar por direcións .gal. Trátase do primeiro dominio de Internet aprobado para un grupo lingüístico e cultural dende a aprobación do .cat en 2005. Un fito histórico que achegará beneficios económicos, culturais e simbólicos ao país.

 

O feito de que as webs poidan identificarse cun .gal contribuirá a aumentar o prestixio da sociedade galega, da súa cultura e do seu idioma, aumentará a autoestima entre os propios falantes e o interese polo noso idioma entre a comunidade internacional. Os portais web mellorarán a súa posición nos buscadores e o seu tráfico aumentará.

No económico, .gal servirá para que o diñeiro que hoxe marcha fóra do país ao rexistrar outros dominios (.com, .net), etc quede en Galicia xerando coñecemento e riqueza. O contrato asinado por ICANN establece que puntoGAL é unha organización sen ánimo de lucro, que reinvestirá todos os beneficios en fomentar o galego nas novas tecnoloxías.

A Asociación puntoGAL comeza agora unha serie de probas técnicas obrigatorias antes da apertura do rexistro de enderezos. Grazas a este contrato, os dominios .gal poderán comezar a rexistrarse  a comezos de 2014. Proximamente puntoGAL detallará cada unha das fases nas que estará dividido este proceso.

Tags

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: