off
Europa, Movementos sociais, Política — 7 Novembro, 2013 at 8:37 a.m.

Devalo democrático

by

Un recente estudo do think thank británcio Demos (Backsliders: Measuring Democracy in the EU,2013) baseado en enquisas europeas e  informes previos do Banco Mundial, do European Value Survey e de Humans Rights Data Project (CIRI)  alerta  do devalo na calidade das democracias europeas. O informe alicerza este diagnóstico en que a meirande parte do estados constatan índices de participación eleitoral á baixa, altos índices de desconfianza dos políticos , devalo da lexitimación política por mor da corrupción,  nomedamente en Bulgaria, Hungria, Grecia, Chipre, República Checa, Portugal e España.  Malia concentrarse o retroceso democrático en países do Leste Europeo e haber unha relación coa  crise económica, semella ser que hai unha corrente de fondo visibel  na  “lexislación antidemocrática, políticas controvertidas sobre a liberdade relixiosa e os problemas coa corrupción e apropiación dos medios de comunicación” e  no agromar de partidos populistas, máis preocupante na súa versión de dereitas pola súa xenofobia, antieuropeismo e incidencia nalgúns partidos de centrodereita e de centroesquerda, un nacionalismo de estado que non alicerza nunha saudade da extrema dereita de entreguerras, mais  na deconstrución de Europa e unha volta ao estatalismo anterior á segunda guerra mundial. É o discurso do Partido do Progreso en Noruega, os Filandeses Auténticos, o Partido da Liberdade en Holanda ou a máis coñecida Fronte Nacional francesa.

O estudo salienta o aumento da intoleracia respeito ás minorías e persoas doutras razas: xudeos, ciganos, musulmans.  En  Hungria recúase na separación de poderes, en Italia sobrancea a perda de liberdade de imprensa e no estado español  a diferenza salarial entre mulleres e homes.

Malia a crise económica ter castigado máis aos estados do sur de Europa, chama a atención que aqueles con maior porcentaxe de protesta sexan os países que tenden a ter democracias máis rexas noutros aspectos (Suecia, Francia, Dinamarca e Finlandia)

Unha chamada de atención á Unión Europea se a desafección eleitoral percebida acaba por facilitarlle o ascenso ás posibeis alianzas destes partidos de extrema dereita que basean o seu discurso e especialización na instigación e na xestión do medo  , a refracción dos valores democráticos e a negación da diversidade.

Cómpre salientar que na clasificación dos países da UE por pertenza e participación cívica,  en contraste cos países europeos, nomeadamente escandinavos e do norte  que lideran as medidas de compromiso cívico, o estado español (o cuarto pola cola), o sur de Europa e   Europa do Leste  teñen taxas moi baixas de activismo cívico e voluntariado.

Malia a crise económica ter castigado máis aos estados do sur de Europa, tamén chama a atención que aqueles con maior porcentaxe de protesta sexan os países que tenden a ter democracias máis rexas noutros aspectos (Suecia, Francia, Dinamarca e Finlandia). O informe sinala que os “altos niveis de participación e protesta tamén pode sinalizar a tácita crenza de que é posible mudar e que estes medios poden ser eficaces”. Noutras palabras, que a democracia sen tañeiras debería respostar as demandas da poboación.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off