off
América, Comunidades Galegas, Politica internacional — 6 Novembro, 2013 at 1:02 p.m.

Descubertas ‘listaxes negras’ da ditadura arxentina

by

O goberno arxentino anunciou o descubrimento de documentos segredos da última ditadura (1976-1983) , incluíndo unha “lista negra” de 331 artistas e  intelectuais como Julio Cortázar, Norma Aleandro, Héctor Alterio, Osvaldo Bayer,  Horacio Guaraní, Víctor Heredia, Osvaldo Pugliese, Mercedes Sosa e María Elena Walsh,  e plans  dos militares para permanecer no poder até  o ano 2000.

O ministro de Defensa , Agustín Rossi, afirmou nunha rolda de prensa sorpresa que as actas se atoparon no soto da Condor , sé da Forza Aérea, en Retiro.

Explicou que o xefe do Estado Maior Xeral desta forza , Mario Miguel Callejo , descubriu os documentos e entregounos inmediatamente, sabendo o significado histórico e, quizais, legal, implicados.

[youtube]http://youtu.be/dlYM6-jvCP4[/youtube]

“É a primeira vez que temos acceso á documentación que cobre todo o período ( da ditadura ), coa vantaxe que está organizado en orde cronolóxica e con contido “, dixo Rossi.

O titular de Interior afirmou que  as carpetas almacenadas conteñen 280 rexistros orixinais que demostran cerne ideolóxico e doutrinario da xunta militar que tomou o poder en 24 de marzo de 1976 , e demostran -segundo Rossi- que Jorge Rafael Videla, así como os seus sucesores na Casa Rosada entre 1976 e 1983, recebiron apoio dunha parte importante da sociedade civil e empresarial arxentina. De aquí que dende as ringleiras do oficialismo se afirmara que se tratou dunha ditadura cívico-militar.

Para o xornal Clarín a descuberta é un episodio máis da ” guerra do kirchnerismo” co Grupo Clarín para ” ver que atopaban sobre Papel Prensa”. Este xornal xa publicara en 1996 as “listaxes negras” da chamada  “Operación Claridad” que reprimia as manisfestacións culturais.

One Comment

  1. O Decano do Colexio de Periodistas de Galicia Xosé Manuel Pereiro tamén recolle aquí as “listas negras” dos galegos “nominados” no 23F de 1981.
    http://sihomesi.com/2006/02/22/23-f/

    “De ter algún as tales armas, o máis probable é que se tivera pegado un tiro nun pé”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off