off
Ciencia, Meio ambiente — 5 Novembro, 2013 at 8:27 a.m.

A importancia das plantas mariñas para a costa

by

A revista Nature Climate Change vén de publicar  un estudo que analisa o relevante papel que teñen as plantas mariñas (algas mariñas, terreos alagadizos e lameiros,  macroalgas e mangleiros) na protección das ribeiras litorais. Este estudo pon de relevo o valor para regular o clima e os fluxos de nutrientes e apañar CO2.  Os hábitats con vexetación mariña ocupan 0,2% da superficie do océano, pero achegan o 50% do soterramento de carbono  nos sedimentos mariños.Tamén plantexa a proposta de aproveitamento deste valor ecosistémico na planificación da redución das consecuencias do cambio climático xa que as súas copas disipan a enerxía das ondas , amortecendo os impactos da elevación do nivel do mar e a acción das ondas que están asociados co cambio climático

 

Praia da Madalena [Cedeira]

Eco-enxeñaria. Logo de ser ter comprobado que dende 1901 o nivel do mar aumentou unha media de entre 1,6 e 0,2 milímetros ao ano e que as previsións actuais máis moderadas proxectan no futuro un aumento global de 0,21-0,48 metros contra do ano 2100, o estudo propón a millora das estructuras ribeiriñas de defensa en todo planeta. Velaí cas plantas mariñas cumpren un papel de barreira espallando a enerxía das ondas e exercendo unha intensa acción sobre o fondo mariño. Esa acción, ao cabo, funcionaria como unha especie de fulcro ou cimento ribeiriño, permitindo diminuir a erosión da costa por efecto dese aumento do nivel do mar, das enchentes e sulagamentos.

Este estudo propón,  porén, aumentar a protección destes hábitas e cando for preciso, reintroducir plantas mariñas autóctonas alí onde se precise.

Para os autores deste estudo do CSIC esta estratexia pode tornarse unha solución eficiente dende o punto de vista socioeconómico ofrecendo unha oportunidade de adaptación sustentabel aos efectos do cambio climático nunh contorna de recorte de recursos financieiros.

 

 

One Comment

  1. Antón Cribeiro

    Este artigo cómpre afastalo da problemática da praia da Madalena, pois se ben é evidente que as plantas fixan os substratos, non é de aplicación da praia de Cedeira no tramo controvertido, é dicir, na zona que vai das preamares mortas de solsticio ás vivas equinocciais e con temporal.

    As plantas son moi útiles en ribeiras que non sexan praias, por exemplo, a meirande parte da enseada de Esteiro, pero sendo praias o uso das plantas adoita aplicarse só para a fixación de substratos supralitorais, é dicir, onde non chegan nen as preamares máis vivas e só ocasionalmente algún temporal moi forte.

    Nesa zona alta das praias é donde fan a función de reter a acción erosiva, pero non do mar, senón do vento. Porén, tampouco se trata nestes entornos de plantar ata limitar o movemento do substrato, as praias constan de diferentes tramos cunha variabilidade importante no desprazamento dunar, de xeito que hai anos de balance negativo e outros positivo.

    En resumo, que nun plan de recuperación da praia da Madalena debe considerarse sempre o uso de plantas autóctonas pero só para as zonas máis altas da praia e para a contrapraia, pero non para zonas onde o mar traballe, aí só queda negociar có mar. Amorear pilóns de area de nada serve contra o traballo miudiño e sen pausa escarabellando e facendo noiros descomunais que rematan derrubándose.

    Hai alternativas baratas, sostibles e relativas sinxelas de axudarlle á praia cando o precisa, só cando o precisa. E polo de agora o que precisa e que se retire a “area” que se botou a maiores antes de que acabe na ría, limpar, tamizar, facer pendente cuxa altura teña en conta o réxime mareal, e non inverno botarlle unha man preventiva de xeito barato, para poder facelo como rutina previsoria.

    As grandes obras faraónicas xa vemos como acaban, senón buscade en internet “playa del matadero” na Coruña… Varios millóns de euros tirados ao mar. E queren repetir… Xa que logo cómpre matinar… Quid pro quo?

Deixa unha resposta a Antón CribeiroCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off