off
Política local — 3 Novembro, 2013 at 12:05

O peixe morre pola boca. Sobre o pleno extraordinario do 30 de outubro

por

Despois de asistir a este pleno teño a sensacion de que quen nos goberna lle quere  tomar o pelo á cidadania. Ao asunto: falar falouse do catastrazo, mais logo de relatar a oposicion como se produciron os feitos cronoloxicamente e ver coma o grupo de goberno se acollera a unha liquidacion “provisional” da a sensacion que xa se empeza a facer campaña electoral para as proximas eleccions municipais. Si saio eu xa farei o que me pete, si saes ti come o marrón.

Adxacente a este tema aproveitouse para cambiar o plan de urbanismo ( a ocasión pintaba excelente). Seguimos con subas, neste caso de recuperacion de pagas extras dun concelleiro. Pero,  non eran vostedes os reis da austeridade? Que alguén explique como se pode recortar en servizos sociais usando a austeridade e subirlle a presion fiscal e recadatoria aos cidadans. Manter o actual Centro de Cultura é caro e gastan mais en subas a concelleiros, reunions de traballo a 19 euros o minuto e presumen de austeridade? O peixe pola boca morre.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: