off
Ciencia — 3 Novembro, 2013 at 10:08 a.m.

Dia da Ciencia en Galego

by

O 4 de novembro éDía da Ciencia en Galego, que neste ano 2013 se centra na Arte e a Ciencia, así como na Estatística. En Galicia dedicámosllelo ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e ao intelectual e artista galego creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo.

Este conxunto de iniciativas segue o camiño comezado en 2010 coa campaña en tres fases de En galego tamén se fai ciencia (organizada polas tres universidades galegas) e continuado os pasados 2011 e 2012 cun programa de actividades que se estendeu por centros dos campus de Santiago e Lugo, así como coa colaboración coa Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino non universitario na organización e posta en marcha das súas videoconferencias con especialistas da USC como o profesor Anxo Carracedo ou investigadores/as do grupo de partículas.

 Programa

Bibioteca Intercentros de Lugo, 4 de novembro

I Xincana Bibliográfica Consiste nunha competición onde cada equipo debe atopar a información que se lle require no menor tempo posible. Poden participar equipos de 3 persoas formados por membros de calquera dos colectivos da comunidade universitaria, sempre que teñan tarxeta de lector/a da biblioteca vixente para o curso 2013/14. A inscrición é de balde.

A partir das 19:00 na Aula Universia da Biblioteca Intercentros. A duración da proba será de 1 hora.

Biblioteca Xeral de Santiago de Compostela, do 4 ao 8 de novembro

Isaac Díaz Pardo: arte, industria e comunicación (centro de interese)

A Biblioteca de Fonseca elaborou este centro de interese e ademais abre un espazo virtual no seu blogue sobre un dos persoeiros a quen se dedica o Día da Ciencia en Galego, Isaac Díaz Pardo.

Campus de Lugo, 6 de novembro

Visitas guiadas a laboratorios

Instalacións de distintos centros do Campus de Lugo abren as súas portas en horario de 10 a 11,30 horas para ofrecer un percorrido guiado polos investigadores e investigadoras que traballan neles, co fin de explicar de forma sinxela o que alí se fai.

Pódese asistir a calquera das seguintes instalacións e demostracións:

  • Hospital Veterinario Universitario Rof Codina
  • Laboratorio de Anatomía Patolóxica (Fac. de Veterinaria)
  • Laboratorios da Fac. de Ciencias  + obradoiro de robótica
  • Condución de maquinaria con GPS + invernadoiro de prácticas (E. Politécnica Superior)
  • Taller de medicións forestais (E. Politécnica Superior)

Por cuestións de capacidade cada un destes laboratorios e talleres pode aceptar un número limitado e distinto de visitantes. Polo tanto, os centros de ensino interesados en participaren nestas visitas deben indicarnos tanto a instalación que desexan visitar (ou varias, ordenadas segundo a súa preferencia) e o número de persoas que participarían na visita. As prazas dispoñibles asignaranse por orde de solicitude.
Presentacións “Arte e ciencia” (Auditorio Isaac Díaz Pardo, Escola Politécnica Superior)

Ese mesmo 6 de novembro, profesorado de distintos centros do Campus de Lugo e outros expertos van realizar de 11,45 a 13,30 horas unha serie de presentacións breves que tratarán, cun enfoque divulgativo, as temáticas e persoeiros conmemorados nesta edición do Día da Ciencia en Galego:

  • Isaac Díaz Pardo, a patria enteira na memoria (Xosé Ramón Fandiño, editor)
  • Florence Nightingale, a dama da lámpada: enfermeira, estatística e escritora (Isidoro Rodríguez, Escola Universitaria de Enfermaría)
  • A estatística: unha ferramenta para calcular a incerteza (José Mª Alonso, Fac. de Veterinaria)
  • Estética e semiótica da química: formulando con arte (Marcelino Maneiro, Fac. de Ciencias)
  • Arte e ciencia na construción (Xoán Carlos Carreira, Escola Politécnica Superior)

No transcurso dese acto entregaranse tamén os premios da Xincana da Biblioteca Intercentros

Facultade de Matemáticas, 5-6 de novembro

Comparte a beleza. A beleza dos números, a beleza das palabras. Xornadas de terminoloxía matemática (5-6 novembro)

Salón Nobre de Fonseca, 4-5-6 de novembro

Nunha relación aberta: Arte e Ciencia 

Persoal de diversos centros do Campus de Santiago van realizar ás 20:00 h unha serie de conferencias divulgativas sobre unha das temáticas a que se dedica o Día da Ciencia en Galego 2013:

  • Dende o ordenador ao artista. Julián Flores (Departamento de Electrónica e Computación). Luns 4 de novembro, 20:00 h
  • Sargadelos como lugar soñado: da arte á industria e viceversa. Miguel Anxo Rodríguez (Departamento de Historia da Arte). Martes 5 de novembro, 20:00 h
  • música + matemáticas = arte (conferencia e concerto). Mario Diz (director da Orquestra do Espazo de Cámara da USC). Mércores 6 de novembro, 20:00 h

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off