off
Entrevistas, Movementos sociais — 2 Novembro, 2013 at 4:50 p.m.

Praza Pública publica unha entrevista a Somos Cedeira logo do cese de actividade

by

O xornalista Marcos Pérez Pena entrevista hoxe a  Somos Cedeira en Praza Pública.Facemos un extracto:

  «Non facer nada non é unha opción. Seguimos plenamente convencidos de que todos aquel con inquedanzas debe participar na difícil tarefa de despertar ao pobo, sexa no ámbito local ou a calquera outra escala»

O problema foi a impunidade política e a mansedume do pobo, entendible tras décadas de anestesia local”
“Asumir hoxe a parte de responsabilidade que toca – por moi pequena que esta sexa- para devolverlle á política a súa autonomía ten un desgaste”
 “Mesmo fomos máis oposición que a de verdade, pois sempre usamos moito traballo baseado na normativa, etc… Consultando expertos onde non sabíamos”
 Somos Cedeira“O problema foi a impunidade política a pesar de achegar probas nas denuncias, e a mansedume dun pobo, entendible tras varias décadas de anestesia local”
“Dende a chamada Transición a presenza cívica foi a menos, agás a paréntese da Sociedade Cultural Chirlateira, ata chegar a hoxe en día, onde os políticos gobernantes substitúen aos cidadáns críticos (“subversivos”) e axiña buscan a forma de desmotivalos, porque prefiren mandar no “silencio dos años” que aturar aos incómodos cidadáns libres.”
 “No caso de Cedeira hai un substrato de galeguidade e civismo culturalista que está aí, e que ten precedentes na nosa contorna social e política desde antes do 36”
 “O maior logro foi sen dúbida plantar a semente do activismo cívico, dende unha óptica sempre baseada en evidencias”

 Entrevista  enteira dispoñibel en Praza Pública

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off