off
Cedeira, Política local — 31 Outubro, 2013 at 10:18 a.m.

A suposta non subida de impostos do goberno municipal

by
A portavoz municipal do BNG de Cedeira fai un repaso crítico do último pleno da cámara municipal, poñendo en envidencia a “doble moral” da que se sirve o alcalde Leopoldo Rubido para dicir unha cousa e facer outra.

No pleno extraordinario celebrado onte, mércores 30 de outubro de 2013, no  Concello de Cedeira, os alí presentes puidemos ver superadas as nosas cotas  de asombro ante as afirmacións sostidas polo Sr. Alcalde do partido popular. Os puntos da orde do día que suscitaron máis debate foron por unha parte a  “modificación da ordenanza reguladora do imposto de bens inmobles” e pola  outra a “proposta de recuperación das pagas extra do concelleiro delegado de  atención cidadá, servizos, mantemento e obras”.

Modificación da ordenanza reguladora do imposto de bens inmobles

Con respecto á modificación da ordenanza reguladora do imposto de bens  inmobles, o BNG sinalamos que nós opuxémonos dende o principio á suba  do imposto de bens inmobles proposta e aprobada (pleno do mes de xuño) en  solitario polo goberno popular municipal, así como ao establecmento do mesmo tio de gravamen, o 0,55% para os solos urbano e rural. Lembramos ademais que no pleno anterior a este (mes de setembro) solicitamos que se revisaran e correxiran os numerosos erros detectados no catastro.

Si a resposta ás nosas demandas foi esta “modificación” presentada onte polo goberno popular temos que pensar que se nos está a tomar o pelo, non só a nós senon a toda a cidadanía.

Séguese a manter para o 2014 o abusivo tipo de gravame do 0,55%. Sen olvidar que neste ano 2013 o tipo de gravamen no solo urbano é do 0,60%  fronte o 0,46% do ano pasado. E preséntanse unha serie de bonificacións  limitadas e arbitrarias nas que os populares inclúen como gran novidade unha bonificación do 35% da cota íntegra a favor dos inmbles urbanos en  núcleos rurais. O que o noso goberno municipal están a facer é parchear” o  imparcheable”,  iso si,  xustificando esta bonificación coas palabras similares ás que o BNG empregamos para defender a diferenza entre o solo urbano e rural:

“Os núcleos rurais teñen unha especial vinculación coas actividades primarias e non contan cos mesmos servizos que no casco urbano”.

A proposta que o BNG volvimos a manter foi  a de rebaixar o tipo de gravamen, que non equiparen o solo urbano e o rústico e que elaboren unha normativa coherente e corrixida. Pero tamén teríamos que ter engadido que non vemos vontade algunha no grupo de goberno por facer nada disto, dende que comezou a presente lexislatura, no 2011, nunca foi convocada a comisión de urbanismo na que se debería traballar sobre este tema e outros que nos afectan directamente a todos.

Con respecto á proposta de recuperación das pagas extras do concelleiro delegado de atención cidadá, servizos, mantemento e obras, o BNG opuxémonos e xustificámolo politicamente. Todo o mundo pode estar de acordo no relativo ás adicacións exclusivas, que son lícitas cando os representantes públicos deixan os seus traballos para xestionar o ben común, todaas as persoas deben recibir un salario digno polo traballo que realizan. Iso si sempre que falemos de reprsentantes públicos, municipais neste caso, todo o que a retribucións se refire tense que facer coa máxima claridade e transparencia.

Recuperación das pagas extra do concelleiro delegado de  atención cidadá, servizos, mantemento e obras

Baixo o punto de vista do BNG o que nunca se debe facer é enganar á cidadanía nin intentar beneficiarse de forma algunha a costa de calquera institución pública. Os membros do PP centraron a súa oposición e a campaña electoral das  últimas municipais no “derroche” do anterior goberno municipal en adicacións  exclusivas ou parciais. O presunto derroche non debeu ser tal cando o actual grupo de goberno popular recibiu unhas contas saneadas e cando dispuxo como mellor lle pareceu de adicacións exclusivas, parciais e retribucións como por exemplo os 196 € por reunión semanal que reciben os concelleiros populares integrantes da xunta de goberno. Dunha maneira ou outra todos os concelleiros do grupo de goberno perciben ingresos do Concello.

O presunto derroche non debeu ser tal cando o actual grupo de goberno popular recibiu unhas contas saneadas e cando dispuxo como mellor lle pareceu de adicacións exclusivas, parciais e retribucións como por exemplo os 196 € por reunión semanal que reciben os concelleiros populares integrantes da xunta de goberno.

En fin, como é habitual e como podemos ver en todas as actuacións do partido popular sempre actúan con doble moral e as cousas están ben ou mal  dependendo de quen as faga. Doble moral que tamén queren aplicar neste caso, o partido da austeridade e dos recortes en todo o que se refire ao público (servizos sociais, educación, sanidade, salarios dos funcionarios..) non se poñen colorados presentando propostas como esta. Proposta que ademais xustifican “debe ser reconsiderada pola mellora dos resultados orzamentarios do Concello”, como se non tiveran ben onde aplicar esa “mellora”, servizos sociais (están a desviar a cáritas determiinadas funcións como as axudas de emerxencia social), parados, o copago sanitario dos enfermos crónicos xa asumido por varios Concellos galegos, promover actividades para nenos e maiores..

Pensando precisamente nos nosos maiores, dende o  BNG non queremos deixar de mencionar tamén que fronte á política de austeridade e suba de impostos continua do partido popular, neste caso a actuación do goberno municipal relativa ao traslado do local de maiores é máis do mesmo, gasto innecesario e inxustificado. “Somos austeros pero depende para que” (maiores que asistiron de novo á sesión plenaria cunha pancarta en contra do derroche do traslado do seu local)

Todo isto o que amosa é a incoherencia da doctrina política e económica do partido popular e como o noso goberno municipal actúa en consecuencia. Polas manifestacións do Sr. Alcalde, molestoulle moito que o BNG faláramos da doctrina política do seu partido e case ao final do pleno negou rotundamente que o seu goberno tivera subido ningún imposto, con gran asombro, como dicía ao principio de todas as persoas alí presentes.  Ademais do tipo de gravame do IBI, calquera pode consultar por exemplo a acta da sesión extraordinaria realizada o 7 de novembro de 2011 na que se modifican as ordenanzas fiscais reguladoras da taxa da recollida de residuos, do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, da taxa pola distribución da auga, dereitos de enganche, prestación do servizo da rede de sneamento e tratamento de depuraión de augas residuais, ou taxa de vaos por entradas de vehículos.

Se o goberno popular non recorda as medidas que toma que revisen as actas  dos plenos pero que non nos queiran facer ver a realidade deformada polo seu ideario político.

María Xosé Rodríguez Pérez é portavoz municipal do BNG de Cedeira.

One Comment

  1. Manuel Rodriguez Villasuso

    Realmente este gogerno vai de mentira en mentira. E afanse. Enton¿que carafio ten que ver o seu programa electoral?
    Predicame meu frade por un ouvido me entra e por outro me sae e sua doutrina.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: