off
Política local — 25 Outubro, 2013 at 4:37 p.m.

Xogo de luminarias

by

O PP -que agora goberna en Cedeira-  e o PSOE  -que gobernou-  veñen de escenificar na prensa o mesmiño guión  que escenifican en Madrid ou en Compostela. Nunca millor dito: xogo de luminarias. Fantástico! Entanto o desemprego se sitúa no 21,59% en Galiza   (Ferrolterra desertízase, tén a taxa de desemprego máis alta do país, 28%),  unha taxa para uns cantos anos – tal e como pronostica o Fondo Monetario Internacional-, as desigualdades aumentando ( hai 500 persoas en Cedeira en situación de desemprego), barcos en terra e a reforma educativa sendo máis un exercizo político -corrosivo para o galego- que unha lei pensada en clave de competitividade, Rubido e Vergara xogan a ver quen pagou máis luminarias nas festas da Patrona.  Somos conscentes do artificio? Aí vai unha pouca munición para inconformistas:

– A propósito de trasladar o Centro de Maiores a un baixo privado, foi  lícito o xeito de contratar ?

Qué políticas estivo a desenvolver a corporación do Partido Popular para facer rendibel social e económicamente o actual centro da terceira idade –  proxectado polo propio Leopoldo Rubido-  e  no que investiu abondosos cartos públicos? Pódese xustificar o traslado dun centro público a outro privado alegando baixo uso sen coñecermos a avaliación de resultados das políticas que se aplicaron? Se teiman en pagar un baixo privado, cando lle van dicir á cidadanía que pensan facer co espazo que acolleu até o de agora o Centro de Maiores? Pensan deixalo a barbecho e asumir o costo de ter un equipamento baleiro ou infrautilizado?

Qué políticas de emprego están a fomentar? Están a xestionar  a realización dun novo trazado para a estrada Ferrol-Cedeira ou así xa lles vale?  Qué foi do Centro de Saúde?

Tan grave é non dispor de equipamentos axeitados ás necesidades da poboación como dispor deles e non ser capaces de desenvolver políticas sociais adecuadas ou empregar os recursos públicos en  intervencións que non os fagan rendibles socialmente.

– Nun intre de recortes e de perda de dereitos sociais, algúen coñece as políticas sociais que están a aplicar os populares fronte a crise?

– Anunciaron a bombo e platillo un centro xeriátrico privado, agora trasladan un servizo social dun centro público a outro privado, medida  que non levaban no programa eleitoral e que están a realizar con total falta de transparencia.

Cedeira segue sen ter prazas de residencia pública nen centro de  día. Cal é a súa política en materia de equipamentos de servizos sociais se agora levan este centro público a un baixo privado? Onde están as políticas de envellecemento activo? A política social e a terceira idade non son para vostedes unha prioridade, só un medio electoral. Niso se resume o que entende o goberno municipal por benestar das persoas? Moita luminaria. Pragmatismo económico e despois, qué? Moito falan de “melloras” e só falan dun baixo céntrico – como se o actual estivera no medio da ría- e se van aforrar catro euriños.  Nunca falan das políticas que lle poderían dan sentido a ter un centro da terceira idade nun local público que foi concebido para  iso por quen agora goberna logo de anos de presión política e cidadán.

Pensan sumarse aos concellos que pagarán os fármacos hospitalarios ao doente crónico ou parécelles ben o repagamento?

Están a agardar a que rebente o colchón das pensións – que manteñen a fillos e netos-   para reaccionar?

Está o goberno municipal  a xerar traballo directo para as persoas máis vulnerables?

– Están a incluir cláusulas nas adxudicacións que faciliten a contractación de desempregados cedeirenses? ( traballadores en situación de desemprego  de longa duración, máis de 45 anos, perceptores de renda mínima de inserción, persoas con discapacidade recoñecida ou superior ao 33%, nai ou pai monoparental, persoas en situación de paro que esgotaran a prestación ou subsidio por desocupación sen dereito a ningunha outra prestación)

– Cando pensan exixir da Xunta – o seu “goberno amigo”- máis compromiso coa vila e terra de Cedeira?. A súa falta de liderado sáelle caro a Cedeira. Iso, e o incumprimento do programa eleitorial que redactaron en plena crise: “bajaremos los impuestos”, dicían.

O resultado é que despois de dous anos decisivos o único proxecto en escena é o traslado do Centro de Maiores e o debate político resúmese en…quen gastou máis nas luminarias.

O resto déixano para a cidadanía: o desemprego e os recortesa chapuza da revisión catastral con subida do IBI, a taxa abusiva da auga , a desfeita da Madalena e  o abandono da estrada Ferrol-Cedeira. Cedeira é unha festa.

– Oposición… hai algúen aí?

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off