off
Desporto Cedeirense — 23 Outubro, 2013 at 12:26 p.m.

Banyoles 2013

by

O banco móbil cedeirense na élite do estado español

No campionato de España por clubes outriggers celebrado a comezos de xullo na lagoa olímpica de Banyoles (Girona,Catalunya),  o Clube de Remo Cedeira volveu deixar constancia de que se move entre os millores do estado español malia ter presentado só dous equipos, os actualis campións galegos. O skiff infantil feminino e o dobre scull alevin masculino  entraron na final absoluta, quedando 5 e 6 respectivamente. O campionato desenvolveuse  primeiro nunha quenda eliminatoria (que non pasaron),despois foron a unha repesca donde pasaron as dúas embarcacións ás semifinais. Os postos do 4º ao 6º de cada semifinal  van a final B, onde se determinan os postos do 7º ó 12º.

A dureza do remo fai máis  dificil o obxectivo de manterse na élite das  categorías máis novas: alevíns, infantís e cadetes. As augas tranquilas do lago de Banyoles substituiron as Forcadas (Valdoviño), encoro onde hai alomenos 20 anos que os nosos remeiros e remeiras entrenan xa que na modalidade de  banco mobil as regatas son sempre (agás algunha excepcion) en encoros, lagoas ou rios. Antes entrenábanse no mar coma os bateis ou as traiñas.

Dobre skull alevín masculino: Andrés Lozano e Adrián Fernández

Skiff infantil feminino: Juliana Gomes

 

Fotografías de TIT FOTÒGRAF

© TIT FOTÒGRAF 2013 www.titfotograf.com

Próximamente:

Reportaxe do Campionato Galego 2013 de Castrelo de Miño

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off