off
Política — 17 Outubro, 2013 at 11:02 a.m.

Galiza ten máis de 50 problemas

by
Ana Pontón

A viceportavoz do Grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón presentou ontes aos medios de comunicación as 50 propostas de resolución esixidas no novo formato do Debate do Estado da Nación á que sumou outras cincuenta porque “Galiza ten máis de 50 problemas”.

A deputada afirmou que Feijóo ofrece un “pacto de silencio” cando se refire ao dialogo e o BNG “non vai calar” ante os problemas reais de Galiza, de aí que presente 50 alternativas máis a pesar da limitación na presentación de propostas.

Pontón considerou “unha medida insuficiente” a proposta de rebaixar o IRPF nas rendas máis baixas realizada onte por Feijóo no Debate do Estado da Nación e explicou que despois de facer os cálculos, a “medida estrela” do Presidente da Xunta representará un impacto real entre os 25 e os 63 euros anuais e defendeu unha reforma fiscal xusta cambiando o modelo de financiamento para contar con máis recursos.

A forza nacionalista proporá “a autonomía fiscal plena” e que as empresas tributen en Galiza e non en Madrid o que suporían “1.000 millóns de euros para as arcas públicas galegas”.

Tamén che pode interesar:

Propostas de resolución 1

Propostas de resolución 2

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off