off
Economía, Movementos sociais, Política — 13 Outubro, 2013 at 6:41 a.m.

Concentración de traballadores do naval diante da Xunta en Ferrol

by
CIG

Os traballadores do naval concentráronse onte diante dos edificios da Xunta de Ferrol para pedir solucións. O vindeiro mes os estaleiros da ría quedarán sen carga de traballo.O acto serviu para reclamar a construción do novo dique flotante. A Sección Sindical da CIG en Navantia sinalou a responsabilidade política da Xunta e o Goberno de Madrid na gravísima crise que vive o naval e a comarca, aproveitando a concentración de 2000 traballadores, para lembrar que o 24 de outubro a CIG defende a confluencia coa mobilización do ensino xa que ese día terá lugar unha xornada de folga contra a LOMCE que xunto coa actual xestión do naval, expresan a política de recentralización que está a implantar Madrid ao ensino galego e á dirección da empresa de construción naval.

Até o vindeiro mércores

O mércores que vén expira o novo prazo de prórroga.A Sección Sindical da CIG en Navantia vai facer un esforzo por explicar ao cadro de persoal a situación da negociación e a postura defendida pola central nacionalista. No caso de que na próxima comisión negociadora en Madrid se asine un preacordo, a CIG esixirá que se abra o proceso para que sexan as propias asembleas de traballadores as que ratifiquen ou non dito acordo.

Se non se asina ningún texto, a CIG entende que se debería debater conxuntamente os pasos a seguir e aí cabería convocar unha asemblea xeral para tratar con todos os operarios que facer.

Ao mellor tamén che interesa:

Calendario e itinerarios das marchas polo emprego da CIG nas distintas comarcas        

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off