off
Cooperativismo, Movementos sociais — 8 Outubro, 2013 at 9:10 a.m.

Nace GZi,Cooperativa de Cultura Libre

by

 

O pasado mes de abril constituíase “Galiza Imaxinaria (GZi ),  unha Cooperativa de Cultura Libre que xorde do tecido asociativo e creativo en Galiza”. Xungue liñas de I+D+i tan diversas como a arte, tecnoloxía, metrópole ou antropoloxía. Trata de consolidar os vínculos entre estas disciplinas apostando por unha opción de desenvolvemento e continuidade baseados na colaboración e a autosustentabilidade; garantindo as liberdades propias, de uso e produción, da Cultura Libre. Galiza Imaxinaria entende a cultura como procomún, zona de donación, intercambio, contaxio e potencia, e donde o protagonista é o usuario” , sendo a cooperativa un instrumento “que axude a crear as condicións propicias dun ecosistema que permita transformar a excesiva dependencia actual dos modos de produción cultural, tanto públicos como privados”.
O proxecto disponibiliza aos parceiros de diversas plataformas de interacción,  traballo cooperativo e autoxestión:
Buseira: unha unidade móbil  para conectar a Rede de Espazos GZi, mais tamén para xerar emprazamentos novos.
Cousateca: unha ferramenta e un protocolo para compartillar obxectos e cousas. Cousateca funciona como una URL que rexistra e redireciona os bens en función do emprego que soliciten facer @s soci@sde GZi.
Adtlántida RTV:  proxecto de radio-televisión vía internet e dende a autoxestión para un server propio que permita establecer diversas canles de emisión/recepción/comunicación telemática dentro da Rede de Espazos GZi e fóra dela aos proxectos en curso.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off