off
Politica internacional — 5 Outubro, 2013 at 7:14 p.m.

Irlanda decide en referéndum non eliminar o Senado

by

Irlanda decidiu este sábado non eliminar o Senado nun referéndum axustado entre os partidarios do si e do non.  A  proposta do executivo irlandés de abolir a Cámara Alta, formada por 60 membros, foi rexeitada polo  51,7% dos votantes, segundo o xornal Irish Times.

O resultado foi inesperado tendo en conta que as enquisas situaban por riba 60% o apoio á eliminación do Senado, un organismo que lle costa ao Estado 20 millións de euros ao no. Malia as previsións, o alto número de indeciso e a baixa participación- arredor do do 40%–  poideron facilitar a vitoria dos partidarios do non.

A proposta do primeiro ministro, o  conservador Enda Kenny, foi unha arricada  aposta dun executivo erosionado por unha política de recortes imposta pola resgate do páis pola UE e o FMI  por valor de  85.000 millións de euros.

O Senado irlandés foi establecido en 1937 coa forma actual, con poder para facer recomendacións sobre un proxecto de lei, ainda que non pode bloquealo,pode adialo até tres meses.

Os partidos maioritarios irlandeses apoiaron a abolición da cámara agás o Fianna Fail,  o partido que máis gobernou  Irlanda e que agora é a terceira política da oposición, que optou por mantelo que submetelo a unha reforma. Os partidarios de manter a cámara consideraban que a proposta era populista e alertaron do déficit democrático que padecería o sistema se o goberno só esta submetido ao control dunha cámara. Este sector defende que sería axeitado reformar a cámara alta para que actua realmente de contrapeso democrático.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off