off
Política local — 4 Outubro, 2013 at 7:25 a.m.

Os socialistas de Cerdido non queren a xestoría de Rubido

by

 

Ollaparo_Cerdido_concello
Concello de Cerdido

En Cerdido din que non convén misturar a política cos negocios. Tarde piaron, mas teñen razón. Refírense á adxudicación da xestión dos recursos humanos a unha xestoría privada do tenente de alcalde de Cedeira, Luís Rubido(PP). A oposición socialista de Cerdido tamén afirma que os concellos pequenos non teñen outra que externalizar estes servizos, mais de facelo,  que a empresa adxudicataria sexa do propio municipio.

Están seguros de que non hai outra alternativa ca externalización de servizos administrativos?. Sorprende, porén, que oposición socialista de Cerdido e a maioría dos gobernos locais de Ferroterra e Ortegal teimen no localismo ainda que só sirva para enterrar cartos públicos  en plena crise de finanzamento e sen que iso sirva para acadar maior eficacia e racionalidade. Portanto, a alcadesa cerdidense non debería sorprenderse que agora afloren as vellas  “externalizacións” de hai trinta anos.  Sería mesmo desexabel o irse cuestionando a reforma da administración local ( o recorte de competencias aos concellos que impulsa o seu partido desde Madrid)  e a posibilidade de explorar  a  cooperación intermunicipal,  con visión de territorio e de país,  na prestación de servizos públicos e na xestión administrativa dos entes locais.

Desde as páxinas de Ollaparo  levamos tempo suxerindo a exploración de alternativas supramunicipais galegas fronte  a crise económica e a reforma da administración local (aprovada de xeito unilateral polo PP).

Pescudar fórmulas de cooperación intermunicipal non é só unha alternativa fronte á privatización e externalización de servizos e fronte a reforma da administración local do PP. A máis de supor a posibilidade de acadar mellores servizos con  economías de escala que poidan abaratar costos a através da  prestación de servizos mancomunados, poñería no mapa unha resposta colectiva  de país, e á medida do país,  fronte a rebaixa de ingresos fiscais, o incremento da débeda e o baleirado de competencias da administración local que está a facer o PP español, garantindo así que determinados servizos administrativos se poidan seguir ofrecendo de xeito mancomunado e mesmo garantindo un maior grau de profesionalización.

 

 

 

 

11 Comments

  1. Gabriel Beceiro

    Non hai contradición entre ser nacionalista e expor unha reflexión sobre economías de escala e cooperación intermunicipal e comarcal ( que non é o mesmo que fusión, da que non se fala para nada no artigo). Mais ben o contrario. De feito, a visión de conxunto quen a debe dar -está na obriga de facelo- é o pensamento nacionalista de esquerdas ; estou certo que concordas que quen está estragar a soberanía local son os gobernos das españas,as deputacións e a Xunta: todas elas no mesmo feixe da reforma da administración local, para baleirala de contido. Uniformizan para mellor controlar, e nada máis cá iso. Ser nacionalista de esquerdas non é outra cousa que integrar os valores cosmopolitas (solidariedade,etc) e os intereses inmediatos da cidadanía ( os servizos de proximidade, que é onde vive a xente: medioambiente, educación e saúde… ). O texto xurdeu a raíz da notícia que denunciaba os trinta anos de externalización nunha xestoría de Cedeira propiedade dun político en activo, da que os socialistas disque só reclamaban trasladar o servizo a outra xestoría de Cerdido e non, como tí ben dís, reclamar a total xestión do servizo administrativo. Esa era a idea fronte as tentacións de externalización/privatización, e lanzábase unha reflexión: se as administracións locais non poden defrontar determinados servizos básicos por problemas de finanzamento, para que se manteña a calidade do servizo, ao mellor habería que ensaiar alternativas públicas de rango comarcal ou intermunicipal antes de caer na tentación da súa privatización. Medida que non significan fusión senón cooperación pública. Unha visión comarcal e de país. Só iso. Grazas pola túa resposta e a aclaración. Saúdos

    • Manuel Rodriguez Villasuso

      A fusion de concellos supon unha concentracion do capital, por iso eu negome a iso,igual que a reforma da Administracion Local. Contra iso mellor axudarse entre concellos chegando a consensos para manter servizos sen extarnalizalos.
      Por suposto que cada concello debe manter sua personalidade xuridica.
      O compartir servizos ou axudarse en determinados casos non e malo sempre e cando que sexa acordado
      entre os concellos.
      No que ti comentas e incrible como tendo o concello persoal se externaliza o servizo.

  2. Resistencia Cerdido

    Dedicate a túa Cedeira meu que tedes moito que arranxar

  3. Gabriel Beceiro

    Non sei se os comentaristas dados ao exceso verbal que o anonimato permite leron o artigo e o que nel se dí ou non lles dá para contraargumentar con razóns e só mostran testosterona. Ainda que así fora, onde se fala de fusión?Non vos parece razonabel pensar en termos de país e de servizos mancomunados, de economías de escala? Quen lles está a tirar competencias aos concellos é o PP dende Madrid e co consentimento submiso do goberno da Xunta. Quen colonializa o que? Ese é o verdadeiro risco e progresiva privatización. Ao mellor a furia debería ir canalizada cara aí, non vos parece?

    • Manuel Rodriguez Villasuso

      A fusion non e a solucion. ¿Por que alguen que vive en Cerdido ten que pagar as mesmas taxas impositivas que alguen que vive en Cedeira si non vai a reciber os mesmos servizos ou precisa outros distintos.
      Outra cousa e compartir servizos.
      A Cerdido a recollida do lixo ya fai o Concello Das Somozas. Velai unha forma de aforrar.
      En outras cousas seria moi doado. Tratariase de ter persoal que cubrira servizos polos que temos que desplazarnos polo numero insuficiente de persoas dun concello aos que atender. A suma axudaria podendo atender o devandito persoal este servizo en ambolos concellos coa conseguinte mellora en calidade. Estes son dous exemplos do que e compartir servizos.

      • En Cerdido ha camión do lixo , o de Somozas fixo a recollida cando estivo averíado, o que é increibél é que habendo no Concello de Cerdido unha Secretaria, un Administrativo,tres auxiliares, teña que facer as nóminas na xestoría. Mancomunar sí pero cada un fa piscinas pola súa conta, en candto o de visión localista lembroche que os feixistas do PSOE de Cerdido levarón a Pleno e o Parlamento o arranxo da ac102 que vai de Cerdido o Puntal, sabendo que a maíoria de accidentes erán no Porto do Cabo. O que nunca consenteremos é a fusión compañeiro, tí que es nacionalista entenderalo, queremos soberanía e a toma de decisións en Cerdido, non podemos canalizar as nosas forazas aquí por que escollemos a calandestinidade par os nosos actos futuros contra todo tipo de feixistas e gúrus que nos amolen.Que os ature seu pai

  4. C O L O N I A L I S T A S

  5. O río do Porto nom se chama assim, cháma-se Río Pontelhas, STOP COLONIANISMO CEDEIRÉS!

  6. vós o que queredes é a fussom dos nossos concelhos, mais nom o conseguiredes! STOP COLONIANISMO CEDEIRÉS!

  7. E logo que queres Colonizarnos feixista?

  8. Manuel Rodriguez Villasuso.

    A cooperación entre concellos e básica si se pretende obter un fin primario a baixo custe.
    Consiguese non externalizar servizos, que ao ser realizados por unha empresa privada conleva o tratar de acadar un beneficio industrial.
    Así mesmo consiguese manter ditos servizos e a sua calidade.
    E por ultimo recordar que todo isto redunda no peto dos cidadans.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off