off
Política local — 4 Outubro, 2013 at 4:52 p.m.

O BNG abre o ferrollo do Concello pedindo o expediente do local de maiores

by
O xoves, 3 de outubro o grupo municipal do BNG de Cedeira, solicitou por escrito no rexistro do Concello a consulta do expediente relativo ao baixo da praza Roxa ao que o goberno popular cedeirés pretende trasladar o local de maiores ubicado ata o de agora no auditorio municipal. Solicitude motivada polo acontecido no pleno celebrado o pasado 25 de setembro no que o BNG preguntou insistentemente polas razón da decisión tomada polo goberno municipal relativa ao mentado traslado sen obter  una explicación convincente. No mesmo pleno o portavoz popular sinalou que non ía dar ningún dato económico sobre o aluguer do local da praza Roxa e que quen quixera sabelos que fora ao Concello a ver o expediente. Polo tanto, unha vez que coñezamos o expediente,  no Concello dixéronnos que a contestación á nosa solicitude tardará  5 días en ser respostadaesperamos saber de primeira man canto nos vai costar  o “proxecto” ao que aludía o portavoz popular no pasado pleno .
Dende o BNG queremos insitir ademáis no despropósito que a priori nos parece que ao mesmo tempo que os vecinos e veciñas deste Concello sufrimos a subida de todos os impostos municipais, sen pararnos a falar aquí da indecencia do catastrazo, o goberno municipal do PP decida “alegremente” gastar cartos no aluguer dun local ao que ninguén lle ve sentido algún.
María Xosé Rodríguez Pérez, é portavoz municipal do BNG de Cedeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off