off
Cedeira, Traballo — 3 Outubro, 2013 at 11:54 a.m.

530 en Cedeira, 16 parados máis que o mes anterior

by

16691 parados na Comarca de Ferrolterra, 554 máis que o mes anterior
880 na Comarca de Ortegal 50 máis que o mes anterior
530 en Cedeira, 16 máis que o mes anterior

O discurso triunfalista do goberno español sobre a recuperación económica topou co principio de realidade: no outono volve a subir.Si, a análise baseada nos datos dun só mes non permite analisar en profundidade.  Mais na nosa comarca non fai outra cousa que  subir.

A crise económica non afecta a todos por igual. No Estado, os ricos fixéronse máis ricos e os pobres máis pobres. O desemprego en Ferrolterra e Ortegal dispárase e o benestar esfarela nas mans.  Segundo un informe que presentou onte a Comisión Europea, dende 2008 até  2011, no estado español a desigualdade entre clases altas e baixas aumentou case que dous puntos. Porén, na eurozona mantívose prácticamente estabel e nalgúns paises como Alemaña, a desigualdades mesmo reduciron. A saída de crise fica lonxe. A subida do paro no mes de setembro infórmanos que a crise sigue o seu curso e como xa fai  sete anos que está connosco semella estaren a facer dela un legado estructural, quer dicer,  o estado español ofrécelle a Ferrolterra e a Galiza, menos democracia ( coa reforma local os concellos pequenos fican baleiros de contido malia administrar os  servizos de proximidade ao cidadan), privatización, centralización e beneficencia. Pérdida de capacidade productiva, menos dereitos sociais, menos soberanía, maior dependencia política.

Como din os Siniestro, e se este proceso non fose unha casualidade?; e se todo iso non fose outra cousa que neoliberalismo de matriz española  en fase de expoliación? Hai décadas que o desmantelado sector naval agoniza,  a pesca artesanal subsiste esfolada e esta primavera ainda os casos de  Alstom e Megasa; mais tamén é  visibel na cárrega impositiva que agora lle queren aplicar ás pensións do emigrantes retornados como antes abalaron as quitas das preferentes e o territorio interpretado como ben funxibel para proveito de especuladores e constructoras.

[youtube]http://youtu.be/NVOPxSvx_R0[/youtube]

Folga comarcal en Ferrol

One Comment

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off