off
Política local — 2 Outubro, 2013 at 9:08 a.m.

Pleno de setembro:o divorcio

by

Neste pleno de setembro houbo dous temas destacados: O castastrazo e o traslado dos nosos maiores a un centro novo. Pero o mais importante é o que esta acontecendo na sociedade civil,  cada vez  máis lonxe  da clase politica. Neste caso temos dous temas cun denominador comun:o abuso e ninguneo da sociedade civil por parte da Administracion Local. Abuso pola suba chapuzeira do catastro, e ninguneo ao non seren consultados os nosos maiores.

Outro tema salientable é o déficit democratico que padecemos: de acordo que nun pleno hai que gardar a compostura, pero quen no dirixe e quen participa sendo grupo de governo debe de dar exemplo. Hoxe en dia a xente únese para defender proxectos comuns: dereitos basicos, cultura…. etc. As persoas somos seres empaticos e a traves de asociacionismo somos quen de defender proxectos que buscan o ben colectivo.

E isto choca frontalmente co neoliberalismo que potencia o individualismo. Cedeira non e unha excepcion.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: