off
Cedeira, Movementos sociais, Política local — 28 Setembro, 2013 at 5:06 p.m.

Somos Cedeira apela á normativa que rexe os arrendamentos de locais privados pola administración pública

by

A Plataforma Somos Cedeira apelando á lexislación patrimonial, á  Lei 33/2003, do  Patrimonio das Administraciones Públicas  (cuxa referencia tamén avanzara  Olláparo en “Modos predemocráticos e ningunha resposta” ante opacidade do proceso e o posible condicionamento a concurso público) vén de desvelar que o posibel traslado do Centro da Terceira a un local privado está suxeito  á normativa que rexe os arrendamentos de locais privados pola administración pública.

Noutras palabras:  ao non cumprirse a primeira restrinción (arrendamentos directos por causas excepcionais que aquí non se dan) prevalece o concurso público.

Artigo 124. Procedemento para o arrendamento de inmobles.
1. Os arrendamentos concertaranse mediante concurso público salvo que, de forma xustificada e polas peculiaridades da necesidade que se vaia satisfacer, as
condicións do mercado inmobiliario, a urxencia da contratación debida a acontecementos imprevisibles, ou aespecial idoneidade do ben, se considere necesario ou conveniente concertalos de modo directo.
2. As propostas de arrendamento, así como as de novación e prórroga, serán sometidas a informe técnico, que recollerá o correspondente estudio de mercado, e da Avogacía do Estado ou do órgano a que lle corresponda o asesoramento xurídico das entidades públicas vinculadas á Administración xeral do Estado.

O movimento veciñal  intuiu arbitrariedade e opacidade. Grazas á transparencia é máis doado  ter coñecemento  da xestión de quen nos goberna. O coñecemento da natureza  xurídica de determinados contractos patrimoniais e a aplicación da lexislación básica en materia de contractación pública, quer dicer, coa máxima transparencia e publicidade, serven para regular os intereses públicos e privados concorrentes e, con elo, afortalar e mellorar  a democracia que temos no dia a dia e non só cada catro anos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off