off
Política local — 24 Setembro, 2013 at 5:52 p.m.

O BNG insta ao Concello de Cedeira a dar explicacións sobre un estudo catastral cheo de erros

by

O grupo Municipal do BNG presentará mañá para a súa inclusión na orde do día do próximo pleno do concello dúas mocións a respeito do polémico proxecto de trasladar o centro de maiores a un local privado e sobre as solucións que prevé darlle o Concello a  un estudo de actualización catastral que costou 120000 euros e está a xerar malestar e desconcerto entre os cidadáns pola grande cantidade de erros que contén.

Un estudo catastral de 12000 euros

Ante a cantidade de erros detectados na revisión do catastro, seguen sen considerar un auténtico abuso a aprobación polo seu grupo do incremento do pago do imposto sobre bens inmobles, como pode o concello chamar “equiparación do catastro rústico có urbano” , equiparando o IBI de zonas de aldea de Cedeira sen servizos con outras zonas do urbano que si desfrutan de servizos , sen nomear as comparacións con outros Concellos cercanos o noso onde en zonas urbanas moi turísticas, de moi boas praias como o Concello de Ares, cós mellores equipamentos e servizos de grande calidade pagan 27 euros por metro cadrado fronte aos 35 euros que pagamos no noso concello.

Como pode pagar o Concello de Cedeira perto de 120.000 euros nun estudo catastral a unha empresa privada que ten a obriga contratual de supervisar cada edificación e documentala e non aparecer reflexado nin o Colexio Novo, nin o Auditorio, nin o edifício de María Mediadora,etc, etc.. Centos de erros atopados que costaron moitos cartos aos veciños. Trinta meses foi o prazo que tivo a empresa para facer o seu traballo pero a realización desta chapuza millonaria entregouse ao final en dez meses e deste vergonzoso xeito como se pode comprobar.Vai solicitar o Concello explicacións do acontecido a empresa que realizou semellante chapuza?

Por todo isto o grupo municipal do BNG insta o goberno municipal a solicitar explicacións do acontecido a empresa que realizou o traballo e a retirada do estudo actual coa conseguinte realización dun novo estudo a baixa en base aos tempos nos que vivimos. Ante a cantidade de erros detectados na revisión do catastro que medidas pensan tomar?

 Centro da Terceira Idade

No pleno municipal do pasado mes de maio o BNG facéndose eco dos rumores que corrían polo pobo en relación ao traslado do local de maiores, preguntou ao grupo municipal de goberno a este respecto. Intentábase naquel momento saber si eran certos os rumores e obter unha explicación de a que obedecía o traslado dun espazo público a un privado e o incremento de costes que isto ía supor. A increíble resposta que obtivemos foi que era máis barato alugar un local privado e que así podería destinarse o situado no Auditorio Municipal a outros usos. A día de hoxe descoñecemos cal é o uso que se lle pretende dar ao local dos maiores pero sabemos que a plataforma veciñal, Maiores de Cedeira, entregaron no rexistro do Concello hai dúas semanas 800 sinaturas contra o traslado do seu local. Polo que está claro que as persoas maiores están contentas co local actual e nin elas ni ninguén pode entender as arbitrarias e incoherentes razóns que levaron ao goberno municipal a tomar esta decisión.

Por todo isto é polo que o BNG insta ao goberno municipal a que dea marcha atrás, que deixe aos nosos maiores onde están, que actúe como debe actuar un goberno democrático e teña en conta a opinión e fundamentalmente o benestar dos afectados.

Insistimos en que expliquen as razóns reais que levaron ao grupo municipal de goberno a tomar a decisión do traslado do local dos maiores.

 

María Xosé Rodriguez é portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cedeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off