off
Ciencia, Política, Politica internacional, Saúde — 23 Setembro, 2013 at 11:20 a.m.

Un informe da OMS alerta das persistentes e xeneralizadas desigualdades en saúde en toda a rexión europea

by
Fonte:Eurostat/ OMS

Segundo o informe final da análise dos determinantes sociais e de saúde na Rexión Europea da OMS- baseada na avaliación de desigualdades en saúde nos 53 Estados membros da Rexión e  deseñada para apoiar o desenvolvemento do novo marco da política europea para a saúde e benestar e  saúde  en 2020-  recoméndanse aos estados da UE  trazaren políticas que reduzan as desigualdades en saúde en todos os países, incluíndo aqueles con baixa renda.

O traballo ten un papel central fulcral na sociedade europea. Proporciona os medios para adquirir os ingresos, prestixio, valor e un xeito de participar ou de ser incluido como membro de pleno na vida da comunidade.  Estar desempregado exclue as persoas desta participación e dos beneficios laborais. Segundo o informe, é dificil, porén, estudar a relación entre o desemprego e a saúde nos paises europeos con grande economía informal, onde as taxas de desemprego oficial é pouco probabel que sexan un fiel reflexo da realidade laboral.

Hai desigualdades persistentes e xeneralizadas en saúde en toda a rexión europea. Esas desigualdades, entre  paises e dentro dos países , xorden das desigualdades na distribución de  diñeiro,  recursos e poder. innecesarios e inxustos, e ultrapasalo los debe ser unha alta prioridade en todo niveis de goberno na rexión. O informe baséase na evidencia global e recoméndanse dar alta prioridade a todos os niveis de goberno.

“Cómpre actuar sobre os determinantes sociais da saúde – en todo o ciclo de vida, nas esferas socais e económicas e protexer as futuras xeracións”.

A crise económica europea tivo unha resposta que afectou negativamente os determinantes sociais sanitarios, polo que se deduce que o enfoque en dereitos humanos non se pode adiar máis en forma de medidas direccionadas a reducir as desigualdades nos determinantes sociais da saúde xa que a mellora en saúde trae beneficios sociais máis amplos que permitirán que a xente poida desenvolver as súas capacidades.

“As menores taxas de desemprego por persoa e país  no primeiro trimestre de 2012 foron de 3,9% en Austria e 5,2% en Luxemburgo e Holanda. A máis alta foi de 24,3% en España e 21,7% en Grecia”

 

Fonte:Eurostat/ OMS

Por tanto, o informe da OMS para a zona europea é inequívoco: os paises deberán tirar da equidade en saúde de xeito transversal, é dicir, en todas as políticas, como un compromiso fundamental na redución das desigualdades, incidindo nos seus condicionantes sociais  para reducir a súa perpetuación. O informe cita diferentes estudos nos que o  desemprego aparece como causa de problemas de saúde e contribue nas desigualdades na saúde. O desemprego provoca morte prematura,  deterioración da saúde mental,e un aumento do risco de suicidio. Os  niveis de desemprego en toda a Rexión son elevados e varían substancialmente por país, idade, condición de emigrante e nivel de educación . Os estranxeiros son quenes teñen máis probabilidade de estar en paro que os nacionais. Como é sabido, os niveis de desemprego aumentaron de xeito dramático  nalgunhas partes de Europa desde 2008, especialmente entre os traballadores máis novos (menores de 25 anos), como consecuencia da crise económica.

O desemprego na  década de 2000 foi maior entre as mulleres  de  25-74 que entre os  homes, se ben se reduciu en ambos sexos entre 2004 e 2007, aumentó rápidamente entre os homes despois da crise económica de 2007/2008.

 

Entre as recomendacións, saliéntase a necesidade de que os individuos, grupos e comunidades  poidan participar en todas aquelas decisións  que afectan ás súas vidas. Para todos os paises da rexión europea, recoméndase que a redución das desigualdades en saúde sexa un critero principal de avaluación do rendemento do sistema de saúde e da actuación do goberno no seu conxunto e mesmo como criterio de avaliación do próprio traballo da OMS.

 Os niveis de desemprego  en 2011 por idade e sexo para as mulleres gregas entre 15-24 anos tiveron a maior taxa entre os países visibles (51,5%), en comparación con 38,5% para os homes en Grecia no mesmo grupo de idade.

“No estado español os  homes entre 15-24 anos teñen  unha taxa lixeiramente superior cás mulleres (48,2% fronte 44,4%). En contraste para estes valores tant altos, os tipos comparables na Holanda, Alemaña, Austria e Noruega foron por baixo do 10%.”

Recoméndase que os 53 países establezan estratexias claras que incidan nos determinantes sociais da saúde procedendo a unha revisión regular desas estratexias, que deberán ser  notificadas á OMS e discutidas en reunións regulares.

O informe tamén recoñece que os países europeos teñen puntos de partida moi diferentes en termos de saúde, equidade en saúde e desenvolvemento socioeconómico . Para algúns paises da zona, as recomendacións son aspiracións ambiciosas . Aínda que esa diferente situación  poida limitar o que é viable a curto prazo  para dar conta de cuestións  máis específicas , non debería afectar as aspiracións a longo prazo da estratexia.

Fonte:Eurostat/ OMS

O desemprego de longa duración ten efectos particularmente prexudiciais  sobre a saúde física e mental. A proporción de persoas que estiveron desempregadas  máis de 12 meses en 2011 variou substancialmente en toda a Rexión Europea: España, por exemplo, tivo as maiores taxas globais para homes e mulleres, pero o desemprego de longa duración foi maior para os homes en Irlanda e mulleres na Grecia.

Fonte: Euroestat/OMS

Asemade, o informe salienta que a  maioría dos estudos relatan maior risco de mortalidade en menores niveis de ensino, con probas abundantes de
países do norte de Europa e dalgúns sur (España, Italia e Israel). Velaquí a taxa de risco de pobreza a de persoas cn 65 anos ou mais despois das axudas sociais (2010):

Fonte:Eurostat/OMS

Países nórdicos son considerados entre os sociedades máis igualitarias do mundo. A pesar de melloras na saúde en xeral, parece  ser que os
sistemas de seguridade social  están a ser reducidos, ampliando as desigualdades na saúde.

Tamén se pon de relevo a necesidade de afortalar políticas e servizos de parentalidade que permitan a mulleres con fillos  asumir o control sobre súas vidas,  promovendo un maior papel do pais. En particular, reforzar a familia con políticas de emprego, introducindo horarios de traballo máis flexibles   – sen recorrer a inseguridade dos contratos – , creando garderías a prezos accesibles que permitan axudar aos pais a conciliar o traballo coas súas responsabilidades parentais. Nese sentido, débense dar pasos progresivos para poder ir desenvolvendo eses obxectivos, abranguendo unha batería de recomanacions de acción que reduzan as desigualdades en saúde actuando sobre os determinantes sociais de saúde en todo o ciclo de vida e en esferas  económicas e sociais  máis amplas  para acadar unha maior equidade en saúde e protexer as xeracións futuras:

  • Ao longo da vida  (a familia, a infancia e o lugar de traballo, e para mulleres e persoas maiores)
  • Na sociedade en xeral (acción para a protección social, o xénero, as comunidades locais e contra a exclusión social);
  • A nivel macro (no gasto social e o desenvolvemento sustentabel),e
  • Nos sistemas de millora (para millorar e xestió pública, para abordar as prioridade de saúde e para medir e informar sobre os avanzos contrs as desigualdades en materia de saúde

Este informe é un chamado  de atención aos líderes políticos e aos profesionais, unha oportunidade para facilitarlle o traballo a quenes se adican a millorar os resultados sanitarios e reducir a fenda de saúde dentros dos paises da Unión Europea.

Ao mellor tamén che interesa:

Un estudo poboacional sinala que a crise hipotecaria pode ter efectos adversos na saúde mental da poboación dos EUA.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: