off
Educação, Língua, Normalización lingüística — 20 Setembro, 2013 at 6:46 a.m.

A Escola infantil Avoaescola Ferrolterra abre os prazos de reservas

by
Acto de presentación do proxecto educativo

A Escola infantil Avoaescola Ferrolterra  vén de anunciar os prazos de reservas. Avoescola Ferrolterra ,  ubicada na estrada de Castela, 184 (Alto do Castiñeiro de Narón) conta cun equipo educativo formado por educadoras, pedagoga e psicopeda e con espazos verdes ao aire libre e horta ecolóxica. Entre os servizos pedagóxicos que ofrece está a atención integral e persoalizada ás nenas e nenos, adecuando o proceso pedagóxico aos os ritmos e necesidades dos miúdos e miúdas e da actividade cooperativa, democrática e pluralista coas familias nun entorno laico e en galego, respectuoso co medio e a diversidade, inclusivo e amábel.   Este proxecto está impulsado pola cooperativa de ensino Avoaescola, apoiada económica e socialmente pola Asociación Galiza co Galego, en colaboración coas Asociacións pedagóxicas Nova Escola Galega e Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Para máis información:
Atención ás familias de luns a venres:
Mañás de 11,30 a 13:30h e tardes de 18 a 19:30h. Tel.: 981930850 – 655011250

One Comment

  1. Xa era hora que o país fora quen de articular unha proposta educativa de calidade dende nós e para nós. Mágoa que fique fora da rede de educación pública.

Deixa unha resposta a MaríaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off