off
Poesía — 18 Setembro, 2013 at 5:33 p.m.

A Manolo Rodríguez Vergara

by

 (Manai)

Eu tiña un amigo

que era mariñeiro,

leal, competente

e bo volanteiro.

Como el dicía,

nacéranlle os dentes

no medio da xebra,

disto era consciente.

O Manolo e a Chelo

casaron moi novos,

tiveron tres fillos

que eran o seu gozo.

Amigo do amigo,

a carta cabal,

bo conversador

do tema naval.

Na lancha motora

saía a pescar

tódalas xornadas

a loitar co mar.

Aberto o postigo

da casa ó amigo;

no mar un valente,

na terra prudente.

Polas noites ía

moi ledo a cantar

ó coro de Antón,

ó Virxe do Mar.

Moito lle gustaba

entoar “rancheras”

e non desbotaba

danzóns e habaneras.

Moi contento andaba

polo “Malacó”

sempre parolando

con Torres e Antón.

Un infausto día

veu a enfermidade.

Deixou ós amigos,

á muller e ós fillos.

El naquela loita

entre a morte e a vida

foi alí a perder

o que máis quería.

Aquela batalla

non a deu gañada

porque a alba parca

veu coa gadaña.

Cando a vella Átropos

lle cortou da vida o fío,

no seu leito de morte,

aínda cantou un corrido.

Algún deus ciumento

da súa ledicia

arrincoulle a vida

con grande pericia.

Cedeira, marzo de 2007.


One Comment

  1. Gustoume Antón. É de ben nacidos lembrar ao amigos aínda cando non están.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: