off
Incendios, Meio ambiente, Política — 14 Setembro, 2013 at 4:49 p.m.

De cando Feijoó facía oposición e o monte ardía

by
En 2006, os populares encabezaran unha manifestación en Compostela exixindo a demisión  do Goberno bipartito, reclamando tamén unha comisión de investigación. No verán de 2006,  había dous meses que o PP recomendara aos seus alcaldes adiar  a  firma  dos acordos co Goberno da Xunta “malia non existiren grandes diferencias entre o convenio proposto pola Xunta este ano respecto a exercizos anteriores” (El Correo Gallego). Semellaba un boicoteo no proceso de contratación de efectivos forestais e de brigadas anti-incendios. O verán de 2013 foi o máis caluroso e seco desde  2006. Porén, a primavera de 2013 foi a máis fria e chuviosa en 27 anos.

 

Sesión: Deputación Permanente do Parlamento de Galicia. 7ª Lexislatura

16/08/06 12:04:15 01:23:41

 “…a característica de que é unha situación extraordinaria non é a opinión dun grupo parlamentario, …iso sería o de menos, senón porque os cidadáns nos están demandando aos políticos  que falemos desto, que tratemos desto, que intentamos saber o que pasou, que intentamos saber cales foron as responsabilidades, as que houbera lugar, que foi o que fallou, porque esta situación nos desbordou e en consecuencia porque hoxe podemos estar lamentando unha das catástrofes medioambientais máis importantes de Galicia e un dos problemas forestais e medioambientais máis delicados que se vai enfrontar esta comunidade autónoma  nas próximas semanas”

“…é necesario saber porque fallou o dispostivo, é necesario saber porque nos vimos desbordados, é necesario saber porque o presidente da Xunta cando está chovendo acaba de confirmar no dia de onte que vai manter todo o operativo do exército do Estado eiquí , prova evidente de que o operativo que tiñamos ou era insuficiente ou estaba actuando de forma descoordinada”

Queremos saber señoría, en primeiro lugar, todas as hectáreas queimadas, sexan as que sexan, non vaiamos a inflinxir un dobre dano, intentando evitar algunos datos i en consecuencia non recibindo as axudas que nos corresponderían se actuamos con absoluta transparencia”

“É facil coller un helicoptero e sobrevoar 30 municipios cando acabaron os incendios, iso é moi facil. Simplemente hai que ter o helicoptero e facelo. Probablemente habería que sobrevoalo cando estaba ardendo para darse conta realmente de como en moitísimos sitios sólo había una manguerita, señorías, nada máis, nada máis.  Supoño, señorías,  que se estos datos os tiveramos  e tiveramos toda a xente  con cubos e caldeiros protexendo as súas propiedades nunca un presidente podería dicir que a situación estaba controlada…nunca un presidente podería dicir que estaban a salvo patrimonios evidentes

Non oculten os datos señoría, é o mellor para o país. Estou convencido que non van rexeitar a comisión de investigación, porque si despois de catro mortos e media docena(sic) de queimados…de despois da maior catástrofe forestal que tivo Galicia dende o ano 89 non aceptamos a comisión de investigación moita xente se preguntará exactamente para que queremos o Parlamento. Espero señoría que asuman as súas responsabilidades no Consello …no que cada un vai levar o seu informiño, espero que aí  o Presidente da Xunta pedirá as responsabilidade que houbera lugar. E non boten nunca nunca en falta o ofrecimento do Pacto Forestal … sigue en pé, absolutamente, sen ningún tipo de limitación. Pero o que lles pido é que se non foron responsables durante a crise, pídolles que sigan responsables a partir de agora”

Alberto Núñez Feijóo

 

  • 12:49
  • Duración: 00:14:04
    Alberto Núñez Feijóo
  • Acceder

 

  • 13:19
  • Duración: 00:07:00
    Alberto Núñez Feijóo
  • Acceder

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off