off
Economía, Mar e Pesca — 10 Setembro, 2013 at 11:23 a.m.

Rodríguez Bereijo representará aos accionistas minoritarios na batalla por Pescanova

by

Segundo vén de informar o xornal El Pais,  o cedeirés Alvaro Rodríguez Bereijo,  expresidente do Constitucional (que nos últimos anos está a abrazar os posicionamentos recentralizadores do PP e da caverna mediática) , representará aos “pequenos accionistas”, neste intre sob o fondo norteamerciano Cartesian (accionista que non se querelou contra o anterior consello)  e xunto ao empresario Baldomero Falcones. Esta candidatura de “independentes” ( co 17,5% de capita) tería en fronte a proposta do grupo cervexeiro Damm e do fondo Luzempart e Iberfomento ( que seica ten o 40%do capital) e que formaban parte do consello do imputado  por falsear contas,  Manuel Fernández de Sousa . O consello estaría formado por Pío Cabanillas, Otero Novas, exministro no Gobierno de Adolfo Suárez, Mariano Pérez Claver, antigo directivo de NH e  SOS , Ramón Calvo, da conserveira Calvo, Jesús Peregrina (expresidente de kPMG) e  membros de Cremades & Calvo Sotelo Abogados, como Ignacio Benito  ou  Carlos de la Mata (do bufete que representa  a Cartesian e aos  minoritarios).

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off