off
Politica espanhola, Politica internacional — 6 Setembro, 2013 at 10:07 a.m.

Mas propón o vieiro plebiscitario en 2016 en caso de non prosperar a negociacion co Estado

by

Finalmente, Artur Mas, President de la Generalitat de Catalunya, concretou o que o programa electoral entre 2012 e 2016 plantexaba, unha consulta sobre a independencia, propondo facer unhas plebiscitarias en 2016 se o Estado español non permite a consulta pactada o 2014.A proposta faina Mas a seis dias da Diada, o Dia Nacional de Catalunya (que hai un ano acelerouno todo) e a Via Catalana . Cecais sexa cedo de máis para sabermos se o anuncio de Mas terá efecto nas claves da negociación, mais semella comprensibel ese avanzo, mesmo obvio, porque se hai consulta as eleccións teríanse que anticipar. Dificilmente podería ter dito outra cousa se reparamos que no 2014 non terán mudado as actuais coordenadas da crise e que non quere repetir o erro de hai un ano. Unha volta de CiU ao seu tacticismo coñecido ou brincadeira pesada aos sectores independentistas?. Seica Mas e Rajoy se reuniron en segredo en Madrid o 29 de agosto, informa o xornal ARA.

“Se se nos nega a voz e o voto, o derradeiro recurso é que as eleccións catalanas, como máximo o 2016, se convirtan na consulta”

O presidente da patronal catalana Eusebi Cima, avanzou que “estaría ben agardar a resposta de Rajoy sobre a consulta”, no entanto, “cómpre seguir traballando para conseguilo”, engadiu. O secretario xeral de CCOO en Catalunya Joan Carles Gallego avanzou que as eleccións terán de ser ordinarias e non mesturar temas pois soa a unha excusa para non render contas diante dos cidadaáns sobre as políticas sociais. Para Carme Forcadell,  presidenta da Assemblea Nacional Catalana, organización transversal  que ten o obxectivo de recuperar a independencia política de Catalunya por medios democráticos e pacíficos e organizadora da multitudinaria Diada de 2012,  “os cataláns non podemos aguantar até 2016”, dándolle as costas ao plan B de Mas de celebrar unhas eleccións plebiscitarias ao final da lexislatura se Madrid atranca a consulta sobre a independencia.  “O 23 de xaneiro o Parlament dixo que somos soberanos. Se o somos, convoquemos a consulta xa!, dixo Forcadell. Esquerra Republicana, sorprendidos polo anuncio, exixen a consulta ou plebiscitarias en 2014 e avisan que retirarán o apoio ao Govern se alentece ou recua no proceso. Os republicanos temem que Mas claudique se Rajoy quere proibir que se celebre a consulta. Para a CUP, Mas vén amosar que recua e cede ante as ameazas de España ignorando “o chamado explícito da sociedade catalana,que quere dicidir o futuro político do país.”

En calquera caso, pasar do soberanismo da Diada ao da realidade dependerá nos vindeiros meses das variabeis internacionais, das dinámicas internas dos partidos a prol do proceso e da evolución da própria crise económica e da percepción das clases medias pouco amantes do risco.

Porén, semella que 2014 segue a ser o ano clave malia a percepción de que se trata dunha táctica para gañar tempo; se non houber consulta pactada antes do 1 de xaneiro de 2015 os axentes do proceso terán que revisar a folla de ruta nun cenario de confrontación aberta co estado español.

Via Catalana cara a Independencia

O vindeiro dia 11 unha cadea humana promete ter grande suceso xunguindo simbólicamente o país de norde a sul (dende El Pertús até Alcanar,uns 400 Km seguindo o trazado da antiga Vía Augusta,) e na que participarán non poucos dirixentes de CIU, IC e PSC. A  “Vía Catalana cap a la Independència”, a cadea humana organizada con ocasión da Diada comezará ás  17:14h, rememorando  así a data de 1714 e a rendición de Barcelona diante das tropas borbónicas logo de 14 meses de sitio durante a guerra de sucesión, a tamén chamada segunda guerra dos cen anos, que supoxo o final dos reinos da Coroa de Aragón, que apoiara ao pretentende Carlos de Austria fronte a Filipe de Borgón e a Coroa de Castela. Pasará polos lugares coñecidos da capital (Sagrada Familia ou  o Paseo de Gracia)  entrando no estadio do  Camp Nou por unha das bancadas.  Artur Mas recibirá aos convocantes sen sumarse físicamente á mobilización. Entre centos de actos por todo o país,  a Diada de 2013  tamén servirá para conmemorar os  800 anos da Batalla de Muret, o 600º aniversario da morte de Bernat Metge,o centenario da  promulgación das normas ortográficas en catalán e o nascimento do poeta  Salvador Espriu.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off