off
Cedeira, Política local — 3 Setembro, 2013 at 15:29

Comunicado da plataforma veciñal de Cedeira a favor dun centro público da terceira idade

por

Foto: Xosé Cheda

A redación da revista vén de recibir o escrito que remitiron á prensa comarcal a Plataforma Veciñal Cedeira o 29 de Agosto de 2013 por mor da intención do Concello de Cedeira de trasladar o local da terceira idade dun espazo público a outro privado, e que reproducimos na súa integridade.

En Cedeira, a 29 de Agosto de 2013

Á atención do redactor xefe da revista Olláparo:

Bo día, póñome en contacto con vostede a raíz da publicación que no día de hoxe figura nas páxinas locais de Ferrol do xornal La Voz de Galicia por parte de D.Luis Rubido, portavoz da executiva local do Concello de Cedeira a respecto do traslado do local de maiores situado actualmente no Auditorio Municipal.

En primeiro lugar, cómpre salientar que estamos ante unha situación que, de por si, xa dá conta de que algo non marcha ben nas intencións do actual Goberno Municipal Cedeirés. O feito de que haxa unha mobilización (canalizada nesta fase inicial mediante unha recollida de sinaturas) emprendida e levada a cabo en exclusividade por parte dos maiores da nosa vila, un sector de poboación que nunca nos temos mobilizado, e que conseguimou en menos de 15 días a recollida xa de máis de 500 sinaturas debera ser xa, “per se”, un indicador para o Concello de que o que acontece arredor desta problemática non é un capricho nin unha cuestión carente de trascendencia.

En primeiro lugar, resulta chamativo ao tempo que dubidoso que o arrendamento dun local resulte máis barato que o uso dun público ao tempo que o Sr. Rubido non dá na prensa conta do prezo exacto do aluguer, senón que se cingue a falar “duns 700 euros mensuais” iso, por suposto, sen ter en conta os custes de calefacción, luz e demáis gastos que un local destas características ten. Ademáis, arredor disto cómpre traer a colación dous feitos dos que non se fala e que resultan trascendentais para entender esta cuestión. O primeiro deles é que a actual ubicación do local municipal reside nun solar cedido no seu día pola comunidade relixiosa María Mediadora, en cuxa cesión se puxo como condición que unha parte do mesmo fose habilitado como local para maiores. En segundo termo resulta moi chamativo que o local que o goberno municipal pretende alugar non saíu a concurso público e pertence a un familiar do alcalde. Escúdase nun aforro económico que, por outra parte, non parece ser tan necesario para as arcas locais, toda vez que ven de ceder no mes de Xullo unhas instalacións municipais sen custe algún á OJE por un período de 10 anos.

En calquera caso, a liberdade á que fai alusión o Sr. Rubido raia o ridículo. Os maiores non arelamos botar unha moeda nunha máquina que nos devolva nun vaso de plástico unha solución instantánea de café; Pola contra desexamos e cremos merecer ser atendidos nunhas instalacións dignas e públicas cun café ben feito.

A subvención á que fai alusión o Sr. Rubido, de 1200 eur/mes, segundo afirma, non é unicamente un gasto dos maiores, en tanto a cafetería é un servizo público para todos os actos que teñen lugar no Auditorio (que, mesmo sen maiores, terá de seguir mantendo).

Noutro sentido, non comprendemos a necesidade doutra sala cultural cando o Concello dispón, ademáis do Auditorio, de 2 salas de exposicións, ambas infrautilizadas: a Sala Áncora e o Palacete.

Para saber máis:
Sobre o traslado do Centro de Maiores a un baixo privado da Praza Roxa [1]
Sobre o traslado do Centro de Maiores a un baixo privado da Praza Roxa [2]

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: