off
Europa, Política — 2 Setembro, 2013 at 11:32 a.m.

A Comisión Europea repara na banalización do franquismo

by

A Comisión Europea vén de chamarlle a atención a España pola banalización dos totalitarismos. “A exculpación, negación ou trivialización evidente intencionada e pública” dos crimes cometidos polos reximes totalitarios “deberán ser sancionables penalmente”, advertiu a eurocomisaria de Xustiza, Viviane Reding.

Cartaz de Castelao

Após denúncia dos eurodeputados Ramon Tremosa e Salvador Sedó (CiU), Raül Romeva (ICV), Izaskun Bilbao (PNB) e a galega Ana Miranda (BNG), Reding lembra que “todos os estados membros da UE está obrigados a sancionar penalmente a incitación pública e intencionada á violencia e o odio contra grupos ou persoas pola rúa raza, cor, relixión,ascendencia ou orixe nacional ou étnica”. A partires de de decembro de 2014,ademais, a Comisión Europea terá competencias para incoar preocedementos de infración aos estados que non o fagan, afirmou a eurocomisaria luxemburguesa, tamén responsabel de Dereitos Fundamentais e Cidadanía.

A defensa da “importancia de preservar a memoria dos crimes cometidos por reximes totalitarios” está a levar ao executivo comunitario a “supervisar” cal é o grau de cumprimento dos estados membros para elaborar un informe a finais deste ano, afirmou Reding.

No 2009, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), propuxo a idea de retirar as innúmeras distincións ao ditador, pero o PP abstívose, paralizando así a retirada de tan aberrantes distincións.

Até o de agora Reding seica tentou non interferir sen chamar a atención ás autoridades españolas, respondendo sempre con evasivas ás queixas dos eurodeputados. Parece que as flagrantes mostras de infamia están a calar en Europa. Da homenaxe de Llanos de LLuna ao combatentes españois do exercito nazi, vestidos de falanxistas o pasado maio en Barcelona, pasando polas últimas declaracións do alcalde de Baralla (“os que foron condeados a morte sería porque o merecían”) ou os saúdos e a simboloxía nazi de membros de Nuevas Generaciones no País Valencià.

No nome da Comisión Eurpea, Reding reivindica que “as autoridades públicas, os partidos políticos e a sociedade civil deben condear con pulo os comportamentos racistas e xenófobos e loitar en contra. É responsabilidade, lembra, das autoritades estatais “pescudar os casos de incitación ao odio ou a negación do holocausto e xulgar aos seus instigadores”.

Tamén o PSOE ten banalizado o terror totalitario contra o nacionalismo e o independentismo galego, basco e catalán. Velaí o comprido curriculo do excalde da Coruña, de Bono ou de Rodriguez Ibarra. Non hai moito o seu compañeiro de partido e expresidente de Aragón Marcelino Iglesias afirmou, durante a campaña do 25-N, que o nacionalismo de Artur Mas é como o hipernacionalismo alemán e francés que provocou millóns de mortos durante as guerras mundiais”. Na mesma cidade onde exerce o Delegado do Goberno en Galiza Samuel Juárez Casado(afeccionado a esixir ao demáis grandes doses de constrición que o seu partido é incapaz de ter con crimes realizados hai setenta anos), foron asasinados polos franquistas o rexedor Alfredo Suárez Ferrín, o gobernardor civil Francisco Pérez Carballo e a súa dona preñada Xoana Capdevielle San Martín, entre outros milleiros. En Cedeira, onde exerce de Alcalde dende hai trinta anos o exsenador Rubido (que vén de concederlle a explotación dun albergue á Organización Juvenil Española (OJE), foron asasinados no 36 o alcalde de Cedeira Manuel Fernández Freijeiro, o seu fillo e outros 30 veciños máis.

En todo este tempo nen Rubido, nen Mariano Rajoy Brey, nen Aznar López, nen Manuel Fraga Iribarne, nen Juárez, nen Alberto Núñez Feijóo actual presidente da Xunta de Galicia -que ten estatuto de autonomía grazas a Bóveda e a Castelao, entre outros, o primeiro fusilado e segundo exiliado- foron quen de condear a masacre franquista que cernou a vida de centos de milleiros de homes e mulleres fusilados nas corredoiras ou encarcerados sen xuizo.

One Comment

  1. VÍCTIMAS DA REPRESIÓN CON DOMICILIO
    NA COMARCA DE FERROL (1936-1939).

    Cedeira- Poboación en 1930: 7430 habitantes
    Total victimas: 31 (13 con xuizo farsa e 18 execucións ilegais)
    Execucións por cada 1000 habitantes: 4’2

    Autor:
    Xosé Manuel Suárez Martínez.
    Mestre. Doutor en Xeografía e Historia (UNED).
    Publicacións:
    “O alzamento de 1936 no norte da Coruña”, 1993, 1 0 ed., Ediciós do Castro.
    “O referendo estatutario de 1936 na comarca de Ferrol”, Revista Galega do Ensino, n1 26, 2000.
    “A investigación sobre a represión en Galicia na Guerra Civil”, A Trabe de Ouro, t. III, 2000.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off