off
Normalización lingüística, Ollo ao gato, ollo ao prato — 29 Agosto, 2013 at 6:50 a.m.

O galego, o grande ausente do Pantín Classic

by
Foto: FI

O certame, que celebra estes días a súa XXVI edición, oculta o galego a pesar dos apoios públicos que recibe. A Mesa coñece a existencia de malestar no ámbito do surf galego. O Pantín Classic Galicia Pro recibe participantes e visitantes até o día 1 de setembro. A Mesa puido constatar que na locución por megafonía, na páxina web e na información xeral da revista que se reparte sobre o evento deportivo o galego, non existe. A obsesión por amosar o castelán como a lingua propia da Galiza chega ao esperpento cando vemos ao Presidente da Deputación da Coruña ou ao Alcalde de Ferrol facendo saúdos institucionais en castelán, vulnerando a normativa de promoción do galego das institucións públicas que representan. A Mesa coñece a existencia de malestar no ámbito do surf galego por esta exclusión da nosa lingua. O galego debería estar presente nun evento como este, que ten unha grande visibilidade e no que podería ser unha importante oportunidade para dotar ao Pantín Classic dun perfil propio e diferenciado. Os visitantes e participantes poderán marchar da Galiza, grazas a esta exclusión, sen saber que temos lingua propia, sen saber que Galiza existe, que existimos as galegas e galegos.

O Vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro, salienta “o ridículo puido ser maior de non se traduciren ao inglés parte das explicacións e comentarios feitos por megafonía así como información da web. Na revista este esforzo esgotouse no título SurfingNews, aparecendo toda a información xeral só en castelán” apuntando asemade que “entre participantes e visitantes a presenza de persoas de distintos continentes é moi importante, mesmo un nutrido grupo de Portugal e Brasil alén, obviamente, da Galiza”.

One Comment

  1. Foto de Pantín Classic Pro en http://www.pantinclassic.com/es/

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off