off
Economía, Política — 28 Agosto, 2013 at 8:58 a.m.

Emancípate… se podes

by
Foto: GB

No estado español 7 de cada 10 rapaces viven cos pais(o 67,4% ) segundo un estudo da Fundació La Caixa. A precarización dos novos vén de vello. O novidoso é que agora non hai opción. As axudas á xuventude para que se independicen son inexistentes ou moi limitadas en comparanza conoutros paises. Certo é que situación laboral é un factor clave. No ano 2011, o 44,4% da xente nova entre 20 e 24 anos estaban en paro e o 58,6% dos ocupados tiñan contrato temporal. A precariedade laboral provoca que mesmo os novos que traballan non poidan ou teñan máis dificil independizarense xa que o 18,7% dos empregados de 30 a 34 anos e o 43,9% dos de 25 a 29 anos segue a vivir cos pais. Consolídase a emancipación serodia.

Mais tamén hai causas culturais. Nos paises do norde de Europa incentívase a emancipación dos novos, porén a rede familiar, cando hai cinco millóns de desempregados, pode seguir a ser un colchón permanente? O gasto en xuventude no estado español é o 2,9% de todo o gasto social, fronte o 6,6 do Reino Unido ou 6,5 de Dinamarca.

Hai unha boa presa de factores que poden explicar isto,agora que a crise sirve para explicalo todo, para alén do tipo de estructura familiar.Porque antes da crise, os mozos do resto do estado xa permanecían na casa até os 28 ou 30 anos. Aturábao todo a familia que se asocia segundo este estudo coa estabilidade económica e, sobretodo, pola falta de axuda das institucións.

Este informe achega un dato interesante, seica agora a xuventude está disposta a moverse. Nada novo para os galegos. As mozas e mozos galegos hai moito tempo que veñen “emancipando” do país e non só das súas familias. Aspecto este que xa detectara un outro estudo ( Pau Miret,2005):

“A pauta territorial que destacou históricamente en España de modo máis consistente e relevante é a constituida por Galicia,Asturias e Cantabria, caracterizada por un calendario de emancipación moi temperán, para ambos sexos, unha proporción de dos que se mantiñan de xeito permanente (alomenos até os 35 anos) solteiros na casa dos seus pais elevada entre os homes e a un nivel similar ao do total de España para as mulleres, e unhamenor presenxa da familia nuclear con pauta de residencia «neolocal»

– “La transición de los jóvenes a la vida adulta. Crisis económica y emancipación tardía”. Informe publicado pola Fundación La Caixa
-Miret Gamundi, Pau (2005). Pautas territoriales en la emancipación juvenil en España, cohortes de nacimiento 1924-1968. Papeles de Geografía 41-42.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off