off
Cinema — 19 Agosto, 2013 at 8:04 a.m.

Lois Patiño, mellor director emerxente en Locarno

by

O vigués Lois Patiño gañou o premio Leopardo ao Mellor Director Emerxente no prestixioso Festival Internacional de Locarno pola súa primeira longametraxe, Costa da Morte. A estrea mundial  de Patiño no Locarno Film Festival, sección ‘Cineastas do presente’, non podía ser máis prestixiosa. Após o éxito das produccións animadas de Dygra Films, a irrupción en Cannes do galego  Óliver Laxe coa productura Zeitun Films (a mesma que produciu Costa da Morte) , o recente  suceso de “O apóstolo” no Festival de Annecy,  poderiamos estar a falar dun cinema galiciano, dun Novo Cinema Galego ou máis ben dunha incipiente industria do audiovisual?

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off