off

De letreiros e contratas

by

Uso exclusivo do castelán. Os cedeireses e galegos de a pé  seguimos aturando a calculada ambigüedade da cooficialidade dos idiomas galego e castelán. Non é coincidencia que sempre saia impoñéndose o castelán. Iso, e a insensibilidade dunha administración local incapaz de safarse dos seus prexuizos – mesmo nas festas da patrona nos tratan como se fósemos turistas na nosa terra-  a conta da vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía, quer dicir, da legalidade vixente (Lei de Normalización Lingüística). O que é pior, u-la a música do país nas contratas…?

Limitadiños e soberbos.

Limitadiños son aqueles que pensan que os visitantes non van entender un cartaz en galego. Hai que ter moita soberba e pouca querencia pola língua do país para teimar na paifocada.

 

 

Nota:  No 2005, o xornal electrónico Vieiros fixo un estudo que concluía que por cada euro que un galego inviste en promocionar a súa lingua, mete 240 en espallar o español polo mundo adiante. Bravo Cedeira !

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off