off
Ecoloxía, Meio ambiente — 12 Agosto, 2013 at 4:22 p.m.

Greenpeace denuncia a desfeita: Galiza quedou sen unha quinta parte dos seus 500 metros de costa

by

Greenpeace vén de denunciar que Galiza destruiu unha quinta parte da costa. Sanxenxo, nas Rias Baixas é o concello galego con máis ribeira esnaquizada na burbulla inmobiliaria, entre os 25 piores do Estado.  No conxunto do Estado español, somos os sextos en costa destruida, destacando Nigrán, Vigo o Pontevedra co 70% do seu litoral ateigado de tixolo.

Segundo a organización ecoloxista, Cangas do Morrazo (Pontevedra), Rianxo (A Coruña), Fisterra (A Coruña), Muros (A Coruña) e Ferrol (A Coruña) serían os  cinco concellos galegos que máis rapido destruiron o seu patrimonio natural.

Malia termos o  21%  dos 155  concellos costeiros que destruiron menos a primeira liña de costa, Greenpeace advirte que  33 concellos gallegos só teñen un 3,2% de ocupación na franxa dos primeiros  500 metros de costa. Porén, moitos concellos ven na protección ambiental un atranco económico e están a promover activamente a desclasificación dos espazos protexidos.

Cambio climático
Cómpre salientar que a urbanización masiva da costa é un risco exponencial fronte ao cambio climático (anegamentos). Para Greenpeace frear a desfeita é esencial xa que os  500 metros acutan como barreira de protecció.

Galiza exponse a un aumento do nivel meio do mar de até 35 centímetros. Para amortecer os impactos nos peiraos comprirá acrescentar até o 50% o tamaño das estructuras en declive  en zonas expostas  a ondaxe exterior.

Lei de Costas

Cómpre lembrar que a Lei de Costas  permite que se reduza a protección de 100  a 20 metros en determinados treitos do litoral, quer dicir, que se poida continuar a construir sen tañeiras. Lonxe de afortalar  a protección, semella  abrir as cancelas á explotación da costa. O que antes tiña valor de recurso esgotabel  tórnase nun bocado inesgotabel de crecimento sen mesura.

Cedeira

Segundo os indicadores por Greenpeace Cedeira ainda está na listaxe de concellos  menos urbanizados (construidos) do Estado, o que nos dá unha idea do tamaño da desfeita. Aviso a navegantes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off