off
América, Ecoloxía, Meio ambiente, Natureza — 10 Agosto, 2013 at 10:45 a.m.

Brasil difunde un vídeo dos seus indixenas mais isolados para demostrar que existen

by

O goberno brasileiro publicou un vídeo inédito sobre os   kawahivas, unha tribu nómada que sobreviviu até o de agora  por mor do seu aillamento  da civilización occidental. O vídeo, filmado en 2011 e dous minutos de duración,  foi divulgado pola Fundação  Nacional do Indio  (Funai) e mostra un grupo de homes, mulleres e nenos espidos pola floresta levando arcos e longas frechas.Os kawahiva non pratican a agricultura e son nómadas. Cando a caza some, mudan de acampamento. Por iso precisan dun território grande.

O coordinador xeal d Funai, Carlos Travassos,  explicou a  Efe que decidiron divulgar o filme como “prova” da existencia da tribu, que foi cuestionada polos latifundistas que queren apropriarse das súas terras, ao norde do estado de Mato Grosso, en concreto, fica no município de Colniza, na divisa de Mato Grosso co estado do Amazonas.

A estrada MT-206 foi aberta para escoar a produción agrícola desa parte de Mato Grosso, mas por ela chegan tamén os madeireiros, os grileiros e os garimpeiros ilegais. A vexetación ven sendo destruída nunha área de mata fechada. Os kawahivas viven en terras do Estado. Mas hai propietarios sertanistas que teñen facendas dentro da reserva, poñendo demandas xudiciais alegando que os dados da Funai son unha falacia.

“As fazendas que estão lá, se mantêm até que a terra indígena seja declarada. Quando a terra for declarada, aquelas benfeitorias de boa fé têm um processo para indenizar essas pessoas. Os outros terão de sair mesmo”, dixo Elias Biggio, coordenador de Índios Isolados da FUNAI-MT.

A acción exploratoria do home branco colonizando esta enorme rexión da Amazonia nos anos  70 e 80 co apoio dos gobernos ditatoriais da época , supoxo unha desfeita para os  kawahivas. Os dados mostran que vai ser un grupo mais populos. Parece ser que van comezar a debalar hai 40 ou 30 anos pola explotación do territorio e con máis forza nos últimos 20 anos  pola espoliación dos recursos naturais. Hai relatos de masacres e ataques violentos.

9 de agosto  é o  Dia Internacional dos Pobos Indíxenas

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off