off
Poesía, Rebuldeiras do Cego das Cancelas — 7 Agosto, 2013 at 10:47 a.m.

Liñaxe non fai liño

by

(cantiga de escarnio e maldizer)

Argallaron casamento

para o fillo do Marqués

é de pouco entendemento

ben mete mans polos pés.

 

– Ai, que mal raio vos fenda!

Fillos puta! Condanados!

Non quedo eu con esta prenda

que ten ao medio un furado.

 

Cando foi plantarlles preito

díxolle o Comendadore:

–  Veñen co furado feito

pra lles poñer o tapón-e.

 

– Pois desta noite non pasa

que lle tape eu o furado.

Mais cando chegou á casa

outro llo estaba tapando.

 

Mira que é casualidade

cousas que che ten a vida

un veciño do lughare

tiña un tapón a medida

One Comment

  1. Xosé Antonio Suárez Aneiros

    Gustoume; digna da vella Maximina que cantaba polas feiras de Ortegal.
    Unha aperta.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off