(cantiga de escarnio e maldizer)
Argallaron casamento
para o fillo do Marqués
é de pouco entendemento
ben mete mans polos pés.
– Ai, que mal raio vos fenda!
Fillos puta! Condanados!
Non quedo eu con esta prenda
que ten ao medio un furado.
Cando foi plantarlles preito
díxolle o Comendadore:
– Veñen co furado feito
pra lles poñer o tapón-e.
– Pois desta noite non pasa
que lle tape eu o furado.
Mais cando chegou á casa
outro llo estaba tapando.
Mira que é casualidade
cousas que che ten a vida
un veciño do lughare
tiña un tapón a medida
Gustoume; digna da vella Maximina que cantaba polas feiras de Ortegal.
Unha aperta.