off
Cedeira, Política local — 6 Agosto, 2013 at 3:47 p.m.

Isto fai auga! Sobre o último pleno municipal

by

Quero salientar aqui duas cuestions tratadas no pleno. En primeiro lugar apoiar aos traballadores de Megasa. Precisan o apoio das Corporacions Locais e neste caso por mor dun cambio na normativa da tarifa electrica que distorsiona a competencia no seu sector, sendo este cambio unha decision politica do PP. E debe ser unha decision politica do mesmo PP que governa a que restableza outra vez esta competitividade. Lembrar que Megasa emprega directamente a 200 persoas moitas delas veciños nosos que sairon da Escola de Formacion Profesional de Cedeira. Respecto a praia e a calidade das augas non se achega informacion nova, voltando ao ataque a quen pon informacion clara e en tempo real das cuestions. Por ultimo dicir que ninguen tratou o tema da tarifa da auga.

Señores da oposicion: ¿que fan? ¿e xusto que se cumpra unha Directiva Comunitaria? Hai unha cultura da auga que abrangue dende a sua calidade ao seu consumo no caso da auga doce. Mais en Cedeira semella que esa cultura limitase: cando mexan por un disque chove.

3 Comments

  1. Respecto ao da auga concordo con vosotros. Diria quehai duas cuestions que van da man: a ecoloxica e o da tarifa.
    Fomentar un uso responsable da auga e basico.
    A quen fai isto felicitalo. E por outra banda o normal e pagar polo que se consume.
    Salientar dde aqui que hai un cultura da auga que e preciso explicala polo ben de tod@s e do medioambiente.
    Ese e o futuro.

  2. Anton Cribeiro

    O sistema de tarifas que se aplica en Cedeira, con tramos mínimos de consumo (por riba excesivos), vai en contra da filosofía base da Directiva Marco Europea, ao non fomentar o uso sostible da auga coma bencomún da humanidade.

    Tede en conta que actualmente paga o mesmo un iso que non consume nada que outro que consume 45 mil litros de auga por factura.. ¿onde está o incentivo polo aforro da auga?

    Facer pagar a alguén por un ben que non usa e, sinxelamente, un roubo. Así de claro, coma a auga.

    E a xente que di? Ah, que ven a Patrona.

  3. Dun tempo a esta parte gobero e oposición só son o Frankenstein do Dr Rubido, un produto da súa maioría absoluta. Namentres a oposición non oficial, a non institucional só é unha desculpa para non exercer, para non ser. Todos viven dramatizando a alegoría da caverna de Platón

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off