off
Cedeira, Movementos sociais — 1 Agosto, 2013 at 11:59 a.m.

Só boas palabras.Traballadores de Megasa asisten ao pleno de Cedeira

by

A siderurxica Megasa anunciou hai dous meses que se non atopaba unha solución á crise provocada pola nova tarifa para consumidores industriais que aprobou o goberno do estado español o inverno pasado, fecharía portas o vindeiro 31 de agosto. Unha orde  ministerial IET/2804/2012  que segundo a Comisión Nacional de Enerxía ia supor desaparición de moitas outras empresas que non chegaban a ese mínimo de consumo.

A histórica siderúrxica de Narón fundada pola familia Freire , dos que unha nutrida representación asistiu ao pleno municipal do Concello de Cedeira celebrado onte para reclamar o apoio explícito da cámara municipal e dos partidos con representación, conta con 200 traballadores e repercute en 1000 empregos indirectos. Megasa é un dos principais operadores do peirao ferrolán e os seus  fornos de fundición consumen electricidade xerada nas Pontes. A cadea de afectados sería comprida e demoledora de no mudaren as cousas.

Grupo CELsa

Ao parecer o grupo catalán Celsa, competidor de Megasa na fabricación de aceiro corrugado, ten reducido costos de produción sendo o principal beneficiado das novas tarifas que lle valen para dominar o do mercado cando Megasa, unha empresa que parece eficiente e sen débeda  acumula 100.000  toneladas de produción sen saída no mercado. A redución tarifaria tivo beneficios directos para aquelas empresas multinacionais sen apenas competencia e con grande capacidade “presión” como Alcoa ou Ferroatlántica, entre outras que como Celsa se beneficiaron da redución tarifaria dun xeito artificial malia atoparse nunha situación crítica.  Acontece que as novas tarifas que acadou Alcoa sob ameaza de deslocalización, favoreceu directamente ao principal competidor de Megasa, a catalá Celsa. O grupo Celsa que 2010 arrastraba una débeda de case 300 millóns de euros en 2012 eliminou 458 postos de traballo e unha tivo un debalo na facturación do 6%. O Grupo Celsa é a primeira  empresa siderúrxica do estado e a segunda europea de productos de aceiro comprido. Vén de refinanzar a súa débeda bancaria logo de chegar a un acordo o pasado 7 de xuño un grupo de 38 entintades financeiras  que representa  a concesión  de 57 millóns de euros de novos créditos.

Tarifa G-4

Dende decembro as empresas que consumen 100 megavatios  por hora  teñen unha bonificación na tarifa de 35 euros por MW, mentras Megasa, que non acada este nivel (está en 85 megavatios) obtén 20 euros por MW.  Acolléndose ao mesmo sistema de tarifación que Celsa suporá unha subvención insuficiente a cambio de desconectarse da Rede Eléctrica cando así llo demandase ente regulador.

Noentanto, a súa competidora Celsa foi quen de aumentar a súa produción até acadar os 100 MW hora , acadando asi unha prima maior. CElsa está vendendo o ferro á metade de prezo que Megasa, có que acapara todo o mercado estatal, abocando a Megasa ao peche.

Asistencia a plenos 

Perante o inminente peche, os traballadores están a asistir a plenos dos concellos da comarca coa fin de expor a problemática e agónica crise de Megasa por mor dunha intervencion discrecional do goberno central que desequilibrou o mercado favorecendo a competencia desigual e a  concentración do sector . A representación que asistiu ao plenos do Concello de Cedeira  e mais da Deputación -o venres asistirá ao de Mugardos-  declarou que non procura boas palabras senón que está a procurar  apoios explícitos e menos contradicions pois mentras os concellos gobernados polo PP respaldan as reivindicacións dos traballadores o seu partido sigue a operar en Madrid e Compostela coa  estratexia do doble vinculo sen que nada mude. O ministro Soria ainda non os recebiu malia teren pedido a intermediación do presidente da Xunta e da Consellería de Industia dos que nada se sabe dende que cederon   ao órdago de Alcoa.

Discurso  neoliberal e praxe intervencionista 

Todo apunta a unha intervención direcionada  a evitar a queda do xigante siderúrxico Celsa, que dé saída ao seu produto e garantir que os bancos cobren. A saída é dificil porque mentras se exhibe cara fora un discurso  neoliberal, as bases intervencionistas do estado español non semellan ter mudado cando se trata de sacrificar o sistema produtivo de Ferrolterra  e de Galicia.

Se ben non convén reducir a globalización ao ambito económico, certo é  que Ferrolterra só ten experimentado a súa dimensión lesiva ao non contar Galicia con peso na dimensión reticular de dirección política no seo do estado español que contrarresten os impulsos de recentralización das decisións e os efectos da lóxica maximizadora de beneficio das empresas transnacionais nas condicións da sociedade (mundial). Un Estado  que está a ceder aos órdagos das multinacionais e do capital financieiro que operan baixo a lóxica da liberalización do comercio mundial, sen que haxa  dende a sociedade civil mostras de integrar as súas aspiracións  nun proceso político autocentrado  axindo de facto como quen lle dá pouco valor ás posibilidades da acción política, é dicir, como se a globalización  se dirixira cara unha meta determinada, na que no fondo, non é posibel  influir políticamente. Un determinismo que tamén semellan ter asumido as centrais sindicais  españolas. Unha valoración teórico-sistémica da globalización que os gobernos neoliberais de Bruxelas, Madrid e Compostela non fan máis ca desmentir coas súas decisións ainda que as presenten com intervencións (políticas) necesarias, como si responderan á lóxica capitalista imparabel que non é posibel parar nen controlar.Se esa valoración de natureza económica di esencialmente que a persecución dos intereses propios é a que millores avantaxes ten para todos os participantes (maximización de beneficios), reducindo a responsabilidade social á persecuión dos intereses propios da empresa, como participar nas implicacions normativas da acción económica se a fundamentación ética das empresas é tan estreita para facerlle fronte de xeito efectivo dende o mero corporativismo ou da revindicación sectorial se non se foron creando as condicións de emponderamento social?

A despolitización  da economía só favorecceu a dereita populista coa súa ideoloxía da maioria moral, atranco que cómpre non minusvalorar  pois non permitiu crear as condicións de respaldo ás reivindicacións sectoriais. Resultado: cinismo onde debería haber interdependencia,comunitarismo e solidariedade. Ao cabo,quen ten  maiorias parlamentares e responsabilidades de goberno só ten boas palabras que ofrecer.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off