off
Poesía — 30 Xullo, 2013 at 5:20 p.m.

Empatía

by

Din que o amor é  a pedra

onde se afía a alma,

eu, amáis, coido que serve

para* ter o espíritu en calma.

Nada hai máis desdeñoso

que ser un ente iracundo

porque a xustiza e a paz

son o ideal deste mundo.

Temos na nosa lingua

un dito moi popular,

cando algo non convén

dicimos: deixa xear.

Sen embargo, a exhortación,

non parece de recibo,

pechar os ollos, ás veces,

é algo pouco afectivo.

Poñerse na pel do outro

é menciña saudable,

por iso a empatía,

é sa e recomendable.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off