off
Arquitectura, Educación — 28 Xullo, 2013 at 8:03 a.m.

Escola de Esteiro

by

Cando  Soraluce Blond e Xosé Fernández (directores do Inventario arquitectónico da Coruña) lamentaban o estado “de abandono, con partes destruidas e invadida pola vexetación” da Escola de Saa, San Fiz de Esteiro, non imaxinaban que após  quince anos o estado de abandono se substanciaría en destrución parcial da escalinata  central que lle confire monumentalidade  á antiga escola construida pola sociedade  de emigrantes cubanos no ano 1924. Acontece que tampouco foi recuperada a inscrición referida á data e aos promotores da construcción que orixinalmente había na cornixa do inmoble. O edificio, en propiedade, non está abandonado pois seica é a sede da asociación de veciños. Sorprende, porén, o aparente desleixo de todo o conxunto.

Alzado da Escola de Saa.  Arquitectura da provincia da Coruña

 Tornámonos cada vez menos esixentes coa protección de bens de interese cultural malia o aparente maior nivel formativo da sociedade? Non corresponde aos veciños esixir da administración velar, defender e conservar os edificios  e bens histórico artísticos e aqueles outros que nos identifican como pobo antes de dilapidar recursos en equipamentos que neste intre semellan prescindibeis ( merendeiros) ?

Pasan os anos e seguimos a amosando unha infeliz neglixencia á hora de protexer e poñer en valor feitos arquitectónicos excepcionais pola misión social que representaron. Cómpre lembrar que estas asociacións de emigrantes, a diferencia dos indianos adiñeirados que ergueron obstentosos palacetes, concentraron os seus esforzos e angueiras en dotar á súa parroquia  de orixe e aos seus paisanos e fillos dun  equipamento educativo público e digno.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘flash'” info=”true” lightbox=”true”]

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: